Xa fixo ano e medio que os tres xulgados do Contencioso e os catro do Social de Pontevedra foron trasladados as dependencias correspondentes ao edificio xudicial novo de A Parda, e dende entón seguen necesitando, a diario, que se lles proporcionen mediante valixa expedientes que se atopan arquivados tanta no edificio da Rúa Xermán Adrio, no caso dos Contenciosos, como no edificio da Audiencia provincial no caso dos Sociais. Non parece razoable que despois de tanto tempo, e contando con espazo reservado para o arquivo de tódolos xulgados referidos, no novo edificio xudicial de A Parda non se acondicionasen ditos espazos con arquivadores rodantes para que contasen con arquivo propio no edificio da súa actual ubicación, como sucede cos xulgados de Instancia.
Neste intre a maioría destes órganos xudiciais xa non teñen espazo nos arquivos provisionais dos que dispoñen ao caron das oficinas dos xulgados, nin nos estantes que teñen na propia oficina. Cremos que xa son horas que se afronte o acondicionamento dos espazos de arquivo, que debían estar acondicionados co remate da obra do edificio ou o mesmo tempo da ocupación do mesmo, e non nos parece de recibo que nos orzamentos para a edificación e posta en marcha desa infraestrutura xudicial non se destinasen cartos ao acondicionamento dos arquivos e a súa inmediata operatividade, por eso cremos que é de urxencia enmendar esa omisión.
Ao fio desto, cremos necesario que se cubra de novo o posto de arquiveiro no edificio da Audiencia Provincial que agora mesmo está vacante, xa que hai xulgados que non poden acceder a moitos dos seus expedientes ao non ter quen llos proporcione, o que está a xerar atrasos e disfuncións na súa tramitación ou na posta a disposición dos interesdos
STAJ solicituolle a Xunta que se leven a cabo, canto antes, as obras e melloras necesaria para o acondicionamento e para a utilización plena dos espazos destinados a arquivos do xulgados do Contencioso e do Social ubicados no novo edificio xudicial de Pontevedra.