Dende
o Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 1 de Viveiro levase pedindo
persoal de reforzó dende hai tempo, (solicitado polo Letrado da Administración
de Xustiza deste xulgado en escrito de 23-03-2021), petición que e apoiada por
este sindicato, en repetidas ocasións, sabedor da necesidade de una persoa do
corpo de tramitación procesual e administrativa, xa que este órgano leva o
Decanato e máis o Rexistro Civil e motivado pola carga de traballo que soporta
e as funcións de Xulgado Decano que ten asignadas; ademaís de que o volumen de
asuntos que entran neste xulgado vai en aumento hai que sumarlle a pendencia
acumulada pola situación derivada da pandemia.
Na
reunión mantida coa DXX o pasado día 8 de xuño, o Direcitor Xeral comunicounos
que se ía tratar, en reunión co TSXG, a designación de reforzos para varios
xulgados, entre eles o Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº 1 de Viveiro.
Pois ben, a día de hoxe aínda non se producíu o nomeamento de dito reforzó e
tendo en conta que os compañeir@s deste xulgado empezan a disfrutar as
vacacións o perxuicio que vai sufrir este xulgado vai ser moito maior, polo que
instamos a DXX que nombre un reforzó para dito xulgado a maior brevedade
posible.
Por
todo isto SOLICITAMOS que se dote a este xulgado con carácter urxente dun/unha
funcionario/a de reforzó do corpo de tramitación procesual e administrativa.
ver xustificante de presentación