miércoles, 14 de julio de 2021

DOCTRINA DO TRIBUNAL SUPREMO SOBRE OS ACCIDENTES IN ITINERE

Cada día moitos compañeiros vense na obriga de desprazarse aos seus respectivos centros de traballo en vehículo particular. Esta circunstancia aumenta a posibilidade de poder sufrir un accidente considerado como laboral. Por esta razón considero oportuno que esteades informados de dúas sentenzas do Tribunal Supremo relacionadas con este tema: 

STS, Sala Tercera de lo Contencioso, de 21 de junio 2021, Rec. 7791/2019,

STS, Sala Tercera de lo Contencioso-administrativo, 24 junio 2021, Rec. 8335/2019.

¿Cal é o obxectivo que se perseguía?.

O obxectivo era a formación de xurisprudencia con respecto aos accidentes de tráfico sufridos por un funcionario público ao realizar un desprazamento e podelos considerar como incapacidade producida "como consecuencia del servicio" aos efectos de poder optar á obtención da pensión extraordinaria regulada no artigo 47.2 do Texto Refundido da Lei de Clases Pasivas del Estado, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 780/1987, do 30 de abril.

Con estas sentenzas ditadas polo Tribunal Supremo, considerase que os accidentes “in itinere”, é dicir, os que se producen durante o traxecto entre o domicilio e o lugar de traballo, sempre que non se vexa alterado por desviacións ou alteracións temporais que obedezan a motivos de interese particular, dan dereito á pensión extraordinaria por incapacidade permanente. Desta forma establécese como doutrina o seguinte: «la incapacidad permanente para el servicio derivada de accidente de tráfico sufrido por un funcionario público al realizar el desplazamiento para ir o al volver del centro de trabajo puede considerarse como incapacidad producida  a los efectos de la obtención de pensión extraordinaria regulada en el artículo 47.2 del Texto Refundido de la Ley de Clases Pasivas del Estado aprobado por Real Decreto Legislativo 670/87 de 30 de abril. », en concordancia co artígo 59 do RD 375/2003, de 28 de marzo, polo que se aproba o Regulamento Xeral do Mutualismo Administrativo  remiten ao Réxime Xeral da Seguridade Social para determinar que supostos terán a consideración de accidente de servicio o coma consecuencia del.

¿Que requisitos son necesarios para cualificar un accidente “in itinere”?.

O Tribunal Supremo toma en consideración como elemento fundamental, que a finalidade principal e directa da viaxe estea determinada polo traballo, non tanto o tempo empregado. Partimos polo tanto, en base a dous termos: lugar de traballo e o domicilio do traballador e a conexión entre eles a través do traxecto mediante unha relación causal.

A Sala de lo Social recorda en base a súa xurisprudencia, que para cualificar un accidente “in itinere” esixe que concorran simultaneamente unha serie de circunstancias:

1º) Requisito  Teleolóxico: Que a finalidade principal e directa da viaxe estea determinada polo traballo: o fin do desprazamento debe ser só acudir ou volver ao traballo. Aínda que hai que estar ao caso concreto, as sentenzas veñen aceptando o accidente “in itínere” noutros casos como: o desprazamento a unha revisión médica que lle prescribe a empresa, cando acode a cobrar ou no tempo estipulado para a pausa diaria.

2º) Elemento Xeográfico: que se produza no traxecto habitual e normal que debe percorrerse desde o domicilio ao lugar de traballo ou viceversa.

3º) Elemento cronolóxico: que o accidente se produza dentro do tempo prudencial que normalmente se inviste no traxecto; ou o que é igual, que o percorrido non se vexa alterado por desviacións ou alteracións temporais que non sexan normais e obedezan a motivos de interese particular de tal índole que rompan o nexo  causal coa ida ou a volta do traballo.

4º) Elemento de idoneidade do medio: que o traxecto se realice con medio normal de transporte.

¿Que supoñen estas sentenzas?

1º) Que “el accidente in itinere es un accidente de trabajo considerando accidentes de traballo: “Los que sufra el trabajador al ir o al volver del lugar de trabajo».

2º) Poder percibir unha prestación extraordinaria de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o exercicio das súas funcións. 3º) O recoñecemento do dereito de cobro dunha pensión cuxa base de cálculo é do 200 por 100.

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras