lunes, 19 de julio de 2021

Fallo na aplicación de Correos. STAJ esixe solución inmediata

Dente o pasado xoves son varios os compañeiros dos xulgados que están alertándonos dunha problemática xurdida co sistema informático de remisión de correo postal consistente na imposibilidade de remisión de correo ordinario e certificado, así como a obtención telemática dos acuses de recibo.

Postos en contacto co servicio de Correos infórmasenos que o problema foi debido á última modificación que causó problemas na migración de datos y actualmente non recoñecen aos anteriores usuarios nin número de contrato e cliente, polo que exixen que dende todos os xulgados e polo tanto todos os usuarios fagan as operación necesarias para poder continuar co servizo. Concretamente informan que se debe remitir un mail a seguinte dirección de correo electrónico: correosteatiendezona1@correos.com, en donde figure número de contrato, número de cliente, nome de usuario (debe ser unha dirección de email por lo que aconsellan que sexa o correo do xulgado) y solicitar que se vincule o número de rexistro co número de contrato. A contrasinal para que sexa segura debe de figurar maiusculas e minúsculas, números e letras.

Entendemos que o tratarse dun problema xeneralizado a toda a Administración de Xustiza en Galicia, e que por existir un contrato entre a Xunta de Galicia e o Servizo de Correos, corresponde a Dirección Xeral de Xustiza, como unha das partes do contrato, exixirlle a Correos a resolución inmediata do debandito problema, dado que a día de hoxe estánse acumulando nos distintos órganos xudiciais todas as resolucións que deben ser comunicadas as partes.

A tal fin presentamos no día de hoxe escrito ante a DXX a fin de que de as ordes necesarias para que por Correos se proceda a inmediata resolución do problema.

Ver escrito presentado

Ver xustiticante de presentación


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras