lunes, 19 de julio de 2021

Traslado do Decanato dos Xulgados de Betanzos


Trala petición fundamentada de STAJ para o nomeameno dun funcionario de reforzo 
para o Decanato de Betanzos Ver solicitude, STAJ solicitou, vista a evidente falta de espazo para acoller na actual oficina a plantilla ampliada nunha persoa, que se procedese o traslado do Decanato ó despacho da Fiscalía de Betanzos por imcumprir a normativa de riscos laborais e por incumprir as medidas anticovid vixentes.

Pois ben, o pasado venres no Comité de Seguridade e Salud laboral, o Director Xeral de Xustiza comunicou a STAJ a súa decisión de trasladar o Decanato dos Xulgados de Betanzos ó lugar que ocupa actualmente o despacho do Fiscal, tal como lles pedimos, o que redundará nun beneficio para os compañeir@s que ali traballan e para o servizo que prestan, congratulándonos coa decisión tomada e coa nosa participación na solución acadada.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras