Despois de facerlle ver á Dirección Xeral de Xustiza a
problemática existente no Decanato de Betanzos por parte de STAJ, solicitando
en repetidas ocasións que se nomease persoal de reforzo para o Xulgado
Decano de Betanzos, conseguimos que se nomeara un funcionario
do Corpo de Tramitación procesual e administrativa de
reforzo para o referido Decanato.
O problema
xurde agora, xa que o local no que se ubica o Decanato é un local cunha
superficie de 6 metros cuadrados aproximadamente, no que teñen que traballar
catro funcionarios, polo que as normas de seguridade e saúde no traballo e
as distancias e medidas anticovid non se cumplen.
Dende STAJ queremos
manifestar que a solución a este problema pasa por
mudar o Xulgado Decano, situado na planta un do edificio, e ubicalo onde está
actualmente o despacho da Fiscalía. Situada na planta dous do edificio. Este
despacho ten unha superficie aproximada duns vinte metros cadrados, polo que
solventaría os problemas de distancias e comodidade dos funcionarios a hora de
realizar a suas funcións. A Fiscalía ubicaríase no local do Xulgado Decano,
lugar mais centrado no edificio, e cunha superficie dabondo para poder
traballar nel e atender os profesionais que consideraran.
O novo local do Decanato estaría situado nunha zona de fácil acceso, onde tanto as escaleiras de acceso a planta superior, coma o ascensor, estarían a excasos metros da súa entrada, cousa que xa se realizou nos Xulgados da Coruña, onde o Xulgado Decano que estaba sito na planta baixa, trasladouse a planta segunda, xusto a escasos metros das escaleiras e dos ascensores.
Xustificante da solicitude presentada
Solicitude presentada o Xulgado Decano de Betanzos