Logo das distintas e
reiteradas peticións que dende STAJ temos remitido á DXX a fin de que
se convoque o Comité de Seguridade a Saúde de Xustiza convócanos a reunión para o próximo día 16-07-2021 ás
10:30 horas coa seguinte orde do día:
· Información Covid 19
· Información Cidade da Xustiza de Vigo
Xunto coa presente
convocatoria, achégase información respecto de:
Avaliación de riscos, plans
de acción e medidas emerxencia (dende abril 2021)
Adaptacións de postos e
adscricións por motivos de saúde (dende abril 2021)
Accidentes de traballo e
enfermidades profesionais (dende abril 2021)
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras