martes, 13 de julio de 2021

STAJ Informa: Pilar Llop, nova Ministra de Xustiza

A pasada fin de semana coñeceuse o nome da nova Ministra de Xustiza que substitúe a Juan Carlos Campo á fronte do Departamento. O nomeamento foi publicado no BOE do 12 de xullo de 2021.

A nova Ministra, Pilar Llop, é Xuíz de carreira, especialista en violencia de xénero e ostentou diferentes responsabilidades no CGPJ e tamén na política, sendo ata o de agora Presidenta do Senado, cargo ao que accedeu en decembro de 2019.

Desde STAJ desexamos á nova Ministra os maiores acertos á fronte do Ministerio, que deberá afrontar grandes retos que deberían centrarse no importante, que é lograr un servizo público de calidade, que dea solución aos graves problemas que padece a Xustiza desde fai lustros, e que moitos grandes proxectos dos últimos anos, por moi grandilocuentes que parezan, non funcionaron. Unha das claves para mellorar a Xustiza é, sen dúbida, manter ao seu persoal incentivado e implicado, para o que é prioritario recoñecer o importante labor que desempeñamos os funcionarios como peza crave na engrenaxe da Administración de Xustiza, o cal pasa, entre outras cousas, por impulsar a carreira profesional.

Por iso STAJ presentará escrito dirixido á nova Ministra no que, ademais de desexarlle os maiores éxitos, reivindicaremos a mellora da promoción interna, a implantación dunha verdadeira carreira profesional, mellora do sistema de substitucións e comisións de servizo, etc., así como a búsqueda de fórmulas que dean solución aos múltiples problemas que xera a prestación do servizo público da Administración de Xustiza no día a día.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras