O TC declarou inconstitucional que, mediante Decreto-Lei
15/2020 de medidas laborais e fiscais se poidese, entre outros aspectos traspasar
a xestión de clases pasivas do Ministerio de Facenda ao de Seguridade Social
nos que estamos incluídos os funcionarios de carreira antes do ano 2011, por
non reunir os requisitos de extraordinaria e urxente necesidade para iso.
O goberno aproveitou este
Real Decreto para modificar de maneira unilateral a xestión das prestacións e
pensións dos funcionarios integrándoas no réxime da Seguridade Social, creando un certo alarmismo polo temor que a que viran recortados os dereitos de pensión provocando unha oleada de xubilacións anticipadas por medo ao empeoramento nas condicións das distintas xubilacións.
Dende STAJ xa vos informamos naquel momento de que o cambio que agora anula o TC era solo de xestión, é decir, da competencia para tramitar e resolver os expedientes de xubilación, pero se nos debía seguir aplicando as leis de clases pasivas sin modificación algunha. A sentenza do TC anulando a tramitación polos órganos da Seguridade Social, deixa en man dos órganos correspondentes das CCAA a xestión e tramitación dos expedientes de xubilación, sexa cal sexa a causa, tal como está a ocurrir ata hoxe. En Galicia para tramitar as xubilacións dos funcionarios da Administración de Xustiza é e segue sendo competente o Director Xeral de Xustiza.
Clases pasivas a día de hoxe seguen igual, con ou sen traspaso a lexislación e as pensións seguen sendo o mesmo que antes, é un sistema de pensións que se declarou a extinguir fai dez anos, co cal é pouco probable que se reforme nada do mesmo, porque desaparecerá nuns anos sen necesidade de impoñer ningún cambio.