Publicados
novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura
mediante substitución entre titulares con data 14/05/2021.
As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estean es situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.
Os
avisos prodúcense pola necesidade de cubrir postos de traballo que actualmente
se atopan desocupados por estaren vacantes ou por ausencia do titular por períodos
de longa duración.
Os/as interesados/as nas substitucións
presentarán as súas solicitudes conforme a Resolucion DXX 14/05/2021 dispoñible nos modelos do correspondente
apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite
varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de
corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.
FIN DO PRAZO DE SOLICITUDES: 20 de Maio do
2021.