Dende que empezou a vacinación, dende STAJ seguimos pendientes da súa evolución para o colectivo de MUGEJU, tanto para o persoal que xa non está en activo como para os que estades traballando.
Nesta nota recopilamos a información recollida da MUGEJU e do SERGAS, xa que como sabedes a Mutualidade pásalle os datos dos afiliados ao servizo de saúde galego e este comunícase cos mutualistas para indicarlle a data, a hora e o lugar de vacinación, pero hai casos nos que os erros nos datos volcados son preocupantes (teléfonos antiguos, domicilios desfasados, sin teléfonos, etc...). Tra-la continua comunicación deste sindicato, escrita e verbal, con responsables do SERGAS como de MUGEJU, podemos concluir que:
- O SERGAS solicita os datos a MUGEJU en función do grupo de vacinación que esté aprobado nese momento. Ata o de agora, sabemos que enviaron os datos dos maiores de 60 anos, e asegúrannos que están vacinando as franxas de idade de 70-79 e 60-65, aparte de rematar coa segunda dosis para os maiores de 80. Pero tamén nos comunican que ao día de hoxe aos de 65-69 anos aínda non empezaron a chamalos.
- A MUGEJU envía os nosos datos completos ao SERGAS a medida que llo van pedindo. Foron remitidos varios ficheiros de maiores de 60 anos, concretamente ata en tres ocasión, tamén enviaron en marzo os ficheiros de 50-55 anos polo inicio naquel mes da vacinación desta franxa de idade con ASTRA-ZENECA, que despois se suspendeu.
E posible que haxa algún problema de incompatibilidade de ficheiros de emisión e recepción que podería impedir o trasvase e recepción correcto de todos os datos, incompatibildade da que se culpan ámbalas dúas administracións. Esperamos que nos vindeiros días se arranxen eses problemas e o SERGAS conte cos datos completos dos Mutualistas de MUGEJU.
- O grupo de vacinación é ÚNICO. O persoal de MUGEJU con compañías privadas entra na mesma franxa de idade ca os demais, non vai haber distinción de ningún tipo.
- Os teléfonos de uso preferente para incidencias na vacinación e aos que vos animamos a chamar para verificar se os datos co que contan o SERGAS son os correctos son: 881.54.29.10 e 881.54.29.11. Recomendamos que chamedes para comprobación dos datos solo as persoas que estades na franxa de idade na que se está vacinando ou os da franxa que se vai a empezar a vacinación en datas moi próximas.
- Os grupos de idade inferior a 60 anos aínda non están dentro de vacinacións activas de momento.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras