Tal como adiantabamos hai uns días (ver información AQUÍ), o Ministerio remitiunos a instrución que regula no ámbito de competencias e actuación do Ministerio de Xustiza a tramitación e expedición, a pedimento do interesado, de certificados persoais por servizos efectivamente prestados no ámbito da Administración de Xustiza, polo persoal funcionario ou laboral, dentro dos cales haxa períodos nos que non exista constancia da súa cotización á Seguridade Social, aos fins establecidos pola disposición adicional centésima quincuaxésima oitava da Lei 10/2020, do 30 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.
Como dicimos, as instrucións
son aplicables exclusivamente para o seu ámbito de competencias, aclarando o
Ministerio que non procederá a certificar os seguintes servizos prestados, por
non corresponder ao seu ámbito de competencia ou actuación:
a.-Como Xuíz substituto ou
Maxistrado suplente.
b.-Como funcionario ou persoal laboral, nos órganos e oficinas xudiciais ou do
Ministerio Fiscal, no territorio das Comunidades Autónomas cuxos medios
persoais da Administración de Xustiza atopábanse transferidos no momento da
prestación de servizos para os que non existe constancia de cotización.
Nos casos aos que se refiren
as letras a e b anteriores, a expedición da certificación poderá solicitarse
conforme ás instrucións e procedementos que no seu caso ditasen,
respectivamente, o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Consellería de Xustiza
da Comunidade Autónoma correspondente. Desde STAJ xa nos diriximos ás CCAA con
competencias para que emitan as súas correspondentes instrucións e modelo de
solicitude, que debe ser similar ao recolleito na Instrución do Ministerio.
Igualmente a Instrución non
é de aplicación a quen se atope no ámbito de aplicación do Réxime de Clases
Pasivas. Neste caso, e tal como manifestamos desde STAJ en reiteradas ocasións,
os períodos traballados na Administración de Xustiza en calquera carreira, corpo
ou categoría, como persoal funcionario ou laboral, para os cales, no seu caso,
non existe constancia de cotización á Seguridade Social, non afectan o
recoñecemento e cálculo da correspondente prestación económica de Clases
Pasivas, pois a mesma determínase en base aos servizos efectivamente prestados,
independentemente de que concorran períodos nos que non se acreditou a
cotización.
Lembrámosvos tamén que con carácter xeral esta certificación non é necesario pedila agora, pois o conveniente é solicitala no momento en que se achegue a data da xubilación, para así ter os datos o máis actualizados posible (por se se producise algunha outra lagoa de cotización desde agora e antes da data da xubilación).