viernes, 12 de marzo de 2021

Inminente solución a falta de cotización dos interinos anteriores ao ano 1990 .

Ata o 1 de agosto de 1990, mentres tódolos funcionarios interinos, de tódalas Administracións Públicas, estaban integrados no sistema de Réxime Xeral da Seguridade Social, os funcionarios interinos ao servizo da Administración de Xustiza, non estaban afiliados, ni dados de alta, ni cotizaban en dito réxime xeral, non tiñan aceso a tódalas coberturas que lle podía outorgar o sistema público da SS; só tiñan a asistencia sanitaria, de forma forzosa, a través da MUGEJU, e ademais o Ministerio de Xustiza non cotizaban por eles: períodos de traballo, as pensións de Xubilación, invalidez e morte, vadeade, orfandade.

Esta situación acabouse coa publicación do Real Decreto 960/1990, de 13 de xullo, polo que se integraban no Réxime Xeral da Seguridade Social ao persoal interino da Administración de Xustiza e que entrou en vigor o 1 de agosto de 1990.

Numerosas sentenzas obrigan ao Ministerio de Xustiza a considerar como afiliados en alta, no réxime xeral da seguridade social, con carácter retroactivo, a funcionarios interinos que desempeñaron as súas funcións con anterioridade ao 1 de agosto de 1990. sentencia 20/06/2019

Na mesa sectorial celebrada o día  9 de marzo por videoconferencia co Ministerio infórmanos que en breve elaborará unhas instrucións para facilitar a solución da ausencia de cotizacións á Seguridade Social que afectan a moitos funcionarios interinos, principalmente por períodos de servizos previos a 1990, que se xubilen polo réxime xeral da Seguridade Social e tamén a funcionarios de carreira que houberan de xubilarse por dito réxime xeral, en ámbolos casos por lagoas de cotización nos seus informes de vida laboral.

Con elo darase, por fin, cumprimento ao acordo de decembro de 2015, que tanto reclamamos e que foi obxecto ademais da Disposición Adicional 158ª da Lei de Presupostos Xerais do Estado para 2021.

A solución pola que se optou é que cando na vida laboral se detecten lagoas de cotización, o afectado pode solicitar do Ministerio certificación dos servizos prestados, certificación que incluirá, exclusivamente, eses servicios. Este documento deberá ser aportado polo interesado á hora de solicitar a súa xubilación. Do mesmo modo, aqueles que xa estiveran percibindo pensión para cuxo cálculo non se tiveran en conta eses períodos, poderá tamén solicitalo certificado e pedir á Seguridade social a revisión da contía da súa pensión, está solución levámola  pelexando e propoñendo dende STAJ hai varios anos.

É de significar que o persoal que se xubile no réxime de clases pasivas non está afectado por esta situación, xa que fomos informado en reiteradas ocasiones dende STAJ, no réxime de clases pasivas a pensión calcúlase en función dos anos de servizos prestados e non en función das cotizacións, polo que non existe ningún problema en canto a unha hipotética falta de períodos cotizados.

Seguramente ao longo da próxima semana recibiremos do Ministerio a instrución, da que vos informaremos puntualmente.

   STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras