Poderán participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución os/as empregados/as públicos/as e persoas integrantes das bolsas de interinos dos corpos de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa, auxilio xudicial e médicos forenses da Administración de xustiza en Galicia en situación de servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/ha fillo/a ou dun/ha familiar) e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria.
Solicitudes:
1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día seguinte ao da publicación desta
resolución no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes de participación nas
actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula
telemática dispoñible no enderezo desde as 8.00 horas da data de inicio do
prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de
finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete
correctamente o proceso de matriculación.
2. O número máximo de cursos que se pode solicitar durante o prazo de
presentación de solicitudes limítase a cinco.
VER DOG