sábado, 20 de febrero de 2021

Vacunas covid: os mutualistas maiores de 80 anos vacúnanse á vez que os do SERGAS

Como xa vos informamos no seu día, a MUGEJU remitiu hai varias semanas ao Servizo Nacional de Saúde (no caso de Galicia, a xestión é do SERGAS) os nosos datos co fin de formar parte dos grupos de vacunación xerais da poboación.

Despois da comprobación dos datos (é moi importante ter os datos actualizados preme aquí para actualizar os datos), o SERGAS xa ten disponible o listado  e van empezar a chamar aos maiores de 80 anos de MUGEJU, MUFACE e ISFAS independientemente da cobertura sanitaria que teñan.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras