lunes, 15 de febrero de 2021

STAJ solicita a modificación inmediata das Instruccións de cese publicadas pola DXX que impiden a continuación nas Substitucións e Comisións de Servizo

STAJ solicita a retirada do disposto na Instrucción publicada o 12 de febrero do 2021 da Dirección Xeral de Xustiza sobre ceses e tomas de posesión  do concurso de traslados que obliga a cesar os compañeiros que estan a facer unha substitución ou comisión de servizo.

O cambio dun criterio mantido durante os anos anteriores é imcomprensible, nin beneficia nin aporta nada positivo tanto ao funcionario individualmente, ou ao colectivo en xeral, nin moito menos ao funcionamento dos Xulgados ou da Administración de Xustiza. O cese destes funcionarios nas substitucións ou comisións non supón beneficio tampouco para a Administración da Xunta de Galicia nin as súas delegación de Xustiza ou Xefaturas Territoriais, todo o contrario, provocará máis movementos de persoal que requirarán un maior exforzo na súa xestión. . Se a devandita decisión non trae beneficio para ninguén e, o máis importante, non se axusta ao ordenamento xurídico, entón non se entende dende ningunha prespectiva.

Pero non só é incomprensible e ineficaz, ademais é ilícito por non axustarse a normativa autonómica e nacional reguladora das substitución, posto que os supostos de cese nestos casos están moi estipulados e ningún deles é a obtención dunha praza nun concurso de traslado.

O prexuízo para os xulgados ou unidades xudiciais que perdan funcionarios ao ser cesados nas súas substitucións ou comisións, insistimos en que sen causa algunha, é maiúsculo dado que o traballo realizado por eles será paralizado ata que se volva a cubrir novamente a praza polos procedementos de provisión ordinarios.

E o prexuizo para o funcionario é enorme xa que perde a posibilidade de continuación na sustitución ou comisión, impoñéndolles incluso unha sanción inesperada e ilícita ao non poder volver solicitar outra substitución ata que transcorra o período de seis meses, inesperada polo cambio repentino do criterio utilizado ata hoxe e ilícita ao ser o resultado da aplicación dun criterio que non se axusta ao ordenamento xurídico.

Neste sentido pronúnciase a sentenza estimatoria do Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo no Procedemento Abreviado 61/12 ao dispoñer nos Fundamentos de Dereito que: “la toma de posesión efectuada efectuada por el actor en la plaza obtenida en el concurso de traslados no tiene el valor jurídico de renuncia a continuar en la sustitución vertical” y “La interpretación realizada por la Dirección Xeral de Xustiza, equiparando dicha toma de posesión a una renuncia carece de fundamento, que que se trata de situaciones compatibles, debiendo haber continuado en el desempeño de la sustitución vertical, sin perjuicio del cambio de destino en la plaza en la que el funcionario era titular, ya que esa toma de posesión no implica ninguna voluntad de dejar de continuar desempeñando esa sustitución”. 

Nos seguintes enlaces podedes ver o escrito completo que remitimos a Dirección Xeral de Xustiza e a sentenza estimatoria que nomeamos:

Ver escrito completo

Ver sentenza



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras