STAJ reitera as solicitudes de convocatoria urxente de Mesas Sectoriais a fin de negociación das normativas expecíficas relativas a: Horario e Xornada Laboral; Vacacións, Permisos e Licenzas; quendas de Auxilios por atribución de funcións en xulgado distinto ao do seu destino; regulación das Substitucións, regulación das Comisións de Servizo e regulación específica das prolongacións de xornada.
Dende STAJ remitimos escrito á Dirección Xeral de Xustiza a fin de reiterar os anteriores presentados solicitando convocatoria de Mesas Sectoriais, e acabar coa parálise na negociación de asuntos que estaban enriba da mesa fai maís de dous anos sobre temas que consideramos esenciais e seguen pendentes de necogiación, algunos, como a regulación das Sustitucións e as Comisiones de Servicio empezaron a afrontarse no ano 2017 pero logo quedaron estancados, e outros como o Horario e Xornada Laboral e normativa sobre Vacacións permisos e Licenzas, que están regulados por unha normativa tan antiga que necesita unha actualización na que se inclúan as pequenas modificacións realizadas co paso dos anos e as instrucións da Dirección Xeral que non están reflectidas no corpo da normativa nin en modificacións posteriores, e outras como o mecanismo de atribución de funcións a través do sistema de quendas necesita ser abordado para adaptalo a realidade da súa practica, e a tan ansiada regulación específica sobre as prolongacións de xornada que levamos solicitando fai tempo sen que nunca se convocara mesa sectorial para elo.
Nos seguintes enlaces podedes ver o escrito presentado hoxe e os presentados anteriormente:
- STAJ pide que se activen as Mesas Sectoriais
- STAJ reitera de novo que se convoquen Mesas Sectoriais
- STAJ pide unha vez máis a regulación das Comisións de Servizo e a reforma das Substitucións
- Staj pide regular as prolongacións de xornada
- STAJ solicita convocatoria urxente do Comiste se Saude Laboral