En septembro
fai un ano que se celebrou a última Mesa Sectorial na Administración de Xustiza
en Galicia, deixando pendentes de tratar e negociar temas de suma importancia
para o colectivo.
Cremos
necesario retomar as Mesas de negociación canto antes, e tratar con urxencia
asuntos que estaban enriba da mesa fai un ano, e outros aos que se lle ten que
dar prioridade e solucións axeitadas.
Queremos que se
convoquen Mesas Sectoriais nas que se
aborde materias como a modificación das
Substitucións, a nova Orde de xornada de traballo e horario, a regulación a
nivel Galicia das Comisións de Servizo, a nova normativa de persoal interino, regulación
das prolongacións de xornada, etc. Ao que lle hai que engadir a convcatoria
urxente do Comité de Saúde e Seguridade Laboral.
Ver escrito presentado
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.