viernes, 8 de julio de 2016

STAJ pide regular as prolongacións de xornada.

Mandamos escrito a DXX  poñendo de manifesto a problemática das prolongacións de xornada, e tamén para solicitar Mesa Sectorial  co gallo de  proceder a unha regulación das prolongacións de xornada  no sentido que expoñemos:

Moitas veces os/as Letrados/as da Administración de Xustiza ( LAJ), dedican ese persoal a faenas que non teñen nada que ver co tramite xudicial para o que se solicitou, e utilizan esa prolongación a realizar funcions que son propias dos LAJ, como unha forma de cobralo favor.
              
Noutros casos se  solicitan esas prolongacións para poñer oa día unha determinada sección, e o que se pon o día, co beneplácito do correspondente LAJ,  e solo unha mesa desa sección, precisamente a mesa da persoa a quen lle concederon a prolongación, que é a única persoa que se aproveita dese traballo a maiores, cando é necesario que se aproveite toda a sección, porque esa foi condición para otorgala.

Outras veces esas prolongacións se lles conceden a persoas que non realizan o súas funcións na sección que presenta a carga de traballo que se intenta paliar, e dedican esa horas da  prolongación de xornada a sacar o seu propio traballo, nunha sección distinta a que se encontraba atascada, sen beneficiar para nada a sección que esta desbordada.
              
Por suposto cremos necesario acabar co trapicheo dalgúns LAJ que solicitan as prolongacións  para beneficiar a persoas “ amigas” que  teñen pouco ou nada que oportar  para solucionar o problema concreto para o que se lles concedeu a prolongación de xornada.

Non queremos esquecernos da discriminación que está a sufrir este persoal con respecto o resto do persoal de Xustiza, en canto a duración da súa xornada de traballo, consideramos que non é de recibo que non se lles aplique ningunha reducción do horario no verán, e que teñan que traballar 40 horas semanais durante todo o ano.

E base ó anteriormente exposto, solicitamos que se convoque MESA SECTORIAL para tratar unha regulación das prolongacións de xornada nos siguientes términos.

a) Que se regule un mecanismo uniforme para a concesión de prolongacións de xornada, de tal  xeito que se determinen criterios homoxeneos para a súa concesión, donde a carga de traballo que soporten os órganos xudiciais,  sexa un factor determinante para a súa concesión, fuxindo de oportunismos e amiguismos.
              
b) Que se regule a forma de controlar que, unha vez concedidas as prolongacións de xornada,  se dedican eses esforzos extras a paliar os problemas para os que foron concedidas, e que non se lles otorgue outras funcións o tareas menos prioritarias e  menos urxentes, ou que nada teñen que ver coas función dos Corpos Xerais de Xustiza, aproveitando a todo o xulgado no solo a unha mesa.

c) Que se seleccione pola propia Administración, en cada órgano, o persoal interesado nas porlongacións de xornada con criterios obxetivos, acabándose cos designaciónas a dedo feitas  polos Letrados/as da Administración de Xustiza que, en algúns casos, redundan no beneficio persoal e exclusivo dunha persoa do xulgado.

d) Que se acabe coa discriminación que están a sufrir os compañeiros/as que teñen prolongacións de xornada, e que teñen que facer en inverno e de verán oito horas efectivas de xornada, cando o resto de persoal se lles permite unha rebaixa na xornada tanto de inverno como de verán.