lunes, 11 de enero de 2021

EGAP: PLAN DE FORMACIÓN PARA 2021

No DOG de hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2021.

Esta resolución de hoxe establece o Plan de Formación para 2021, de momento non se pode solicitar ningún curso ata que se publique a convocatoria correspondente.

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo)




Ligazón ao DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras