martes, 15 de diciembre de 2020

Concurso de traslados: O Ministerio elimina da páxina web as adxudicacións provisionais

O Ministerio de Xustiza eliminou da súa páxina web a publicación da resolución provisional do concurso de traslados que se publicou hoxe á mañá. Non sabemos se hai erros nas adxudicacións ou cal foi o motivo desta eliminación repentina.

Cando a volvan publicar, xa vos informaremos e recomendamos que comprobedes de novo que as adxudicacións non sufriron cambios con respecto ao primeiro listado.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras