martes, 15 de diciembre de 2020

Concurso de traslados: Anexo III. Comprobación de tódalas instancias mediante o número de DNI


No enlace da páxina do Ministerio "Enlace Anexo III" aparece a relación de instancias presentadas ordenadas por número de DNI. 

Para descargala, pinchade no enlace Anexo III, e unha vez que abra a páxina pinchades en "descargar". Aparecerá un arquivo comprimido ZIP (se non podedes visualizala dende o móvil porque non tendes o programa, podedes facelo dende o voso ordenador persoal). 


Pulsades doble click en A3 númerico e despréganse todos os PDF ordenados de menor a maior por número de DNI para que poidades consultar as instancias do concurso, o escalafón e o xulgado de orixe e destino das persoas que vos interesen, no seu caso.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras