Onte puxémonos en contacto co Subdirector de Xustiza do Ministerio alertando sobre a retirada da resolución provisional do concurso da páxina web. Confirma que hai unha incidencia e que non vai haber cambios nas adxudicacións. A primeira hora da mañá segue sen estar publicada a resolución provisional (a última nova sobre o concurso remóntase ao 27 de outubro).
A pesares do que nos comunicou o Subdirector, recomendamos que cando se volvan publicar os listados, comprobedes de novo as adxudicacións.
Seguiremos informando de calquera novidade.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras