STAJ pediulle a Dirección Xeral de Xustiza, por cinco veces dende o verán, a ultima vez o pasado mércores 25 de novembro, a ampliación do prazo de disfrute de vacacións e días de asuntos particulares ata polo menos o 31 de marzo. Aínda que nun principio dixeron que se estudiaría o tema despois das vacacións de verán, ultimamente puxeron a desculpa de que se non se ampliaba a nivel Función Publica de Galicia ou a nivel Ministerio de Xustiza, na Admón de Xustiza de Galicia tampouco.
Pois ben, onte recibimos correo electrónico do Ministerio convocándonos para o martes dia 1 de decembro, para tratar entre outros puntos do orde do día:
.- O teletraballo, é moi seguro que a normativa que saia desa reunión se implante en Galicia.
.- Os criterios de ampliación do periodo de disfrute de vacacións e permisos por asuntos particulares de 2020.
É decir o Ministerio vai ampliar, non sabemos aínda ata cando, pero vai ampliar o periodo de disfrute das vacacións e dos "moscosos", polo que a DXX debe facer o mesmo, porque así se comprometeu, e ímoslle exixir hoxe mesmo por escrito, que cumpra coa súa palabra e o martes na reunión que temos con eles na Comisión de Interinos llo voltaremos a lembrar e a exixir.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras