Onte
tivo lugar a reunión do Comité de Prevención de Riscos e Saúde laboral,
deixámosvos os puntos máis importantes que se trataron nela:
Comunícannos que colgarán na
intranet un documento similar ao do Ministerio de Xustiza con Actuacións e Aclaracións técnicas para as
situacións xeradas pola Covid-19 na Administración de Xustiza, establecendo
os permisos para adoptar:
-Se o funcionario/a está en
illamento tanto por contaxio que por
contacto cun positivo este terá que coller a baixa laboral, similar
a un accidente de traballo.
-Se ten que estar cun menor de 14 anos ou con persoas dependentes
ao seu cargo ou, solicitarase o permiso por deber inexcusable,
SEMPRE E CANDO non poida realizalo mediante teletraballo ou flexibilidade
horaria.
INFORMACIÓN COVID-19: Infórmannos
do incremento de positivos Covid-19 dentro da Administración de Xustiza
de Galicia, sendo actualmente 42 en
total (26 pertencentes aos corpos de funcionarios e 16 entre xuíces,
fiscais e letrados xudiciais), o que supón un 1,13% do total do persoal de xustiza galega.
O número de illamentos por contacto con positivos é
de 71. O 1,91% do persoal total.
TELETRABALLO:
-Actualmente hai 508 persoas
teletraballando: 433 nos órganos xudiciais e 75 nas fiscalías.
-A normativa a día de hoxe segue sendo a Orde pola que se activa a
Fase 3 do plan de desescalada. Non
cambiou nada.
-A regulación específica
para a Administración de Xustiza está a desenvolverse mediante un grupo
de traballo entre as CC. AA. e o Ministerio de Xustiza, establecéndose como
principais aspectos:
-Voluntario e reversible
-Entre
2 ou 3 días á semana
-A
realizar polo 30% máximo do centro de traballo (ata o 40% no Imelga), podéndose
establecer quendas rotatorias, dándose preferencia ás persoas con fillos
menores, persoas dependentes ao seu cargo e/ou xente con patoloxías vulnerables
pola Covid-19.
-Incluiranse as funcións que
se poidan ou non realizar mediante o teletraballo, non baseándose nos corpos
funcionariais.
-Durante
os 3 meses seguintes á súa entrada en vigor seguirase coa anterior regulación
para ir adaptándose á nova.
-O informe do superior
xerárquico será xustificado e recurrible ante o secretario coordinador.
-Autorización por períodos
de 12 meses renovables con posibilidade de renuncia.
EPIS: A novidade é a adquisición de ALFOMBRILLAS
DESINFECTANTES (60) para ser distribuídas en todos os partidos
xudiciais.
VACACIÓNS E ASUNTOS PARTICULARES: Non teñen intención de
ampliar o prazo de goce das vacacións e asuntos particulares do 2020 máis aló
do 31 de xaneiro do 2021. A xustificación que nos dan é que non o farán salvo
que a ampliación fágase de forma xeral na Función Pública ou no Ministerio
de Xustiza. STAJ oponse a
esta decisión e non ve obxeción xustificada, dado que Cataluña, Madrid e A
Rioja sí que as teñen ampliadas.
PLAN DE ACTUACIÓN: Elaborarase en función das
estatísticas, seguindo nos Xulgados do Social e Mercantís para o primeiro
trimestre do 2021, non habendo data prevista para a súa implantación nos
Xulgados de Primeira Instancia e familia.
XULGADOS DE NOVA CREACIÓN: Emitido informe por parte do
CXPX quedando o trámite do Consello de Ministros, a previsión é que entren en funcionamento no primeiro trimestre do 2021.
Lembrámosvos que está prevista a creación do Xulgado do Social nº 7 de A Coruña,
o Xulgado do Social nº 4 de Lugo e o Xulgado do Social nº 7 de Vigo.
CURSOS
OBRIGATORIOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS: Continua
a súa impartición, sendo a convocatoria actual para os partidos xudiciais de
Pontevedra, quedando pendentes de realizarse o ano que vén nos partidos
xudiciais das provincias de Lugo e Ourense.
Respecto ás peticións de STAJ:
-O STAJ
solicitou novamente la dotación de máscaras FFP2 para o persoal do
SCNE, persoal das Vilas que saen a notificar, xulgados de paz, rexistro
civil, decanatos e oficinas de rexistro e reparto, Imelgas, persoal de
atención a vítima e ao cidadán, e persoal de auxilio que faga sala ou se
movan por todos os edificios, así como para as persoas vulnerables por
ter patoloxías que poden agravar a contracción da enfermidade da COVID. Para
o resto de persoal solicitamos dúas
máscaras quirúrxicas ao día. Non se pronunciaron explícitamente para o uso
deste tipo de máscaras.
-Ante a pasividade e
o pouco interese mostrado pola Xunta (deixando a ventilación en mans da
organización interna de cada órgano xudicial), seguiremos
loitando por un Protocolo para
asegurar unha adecuada ventilación e medición da calidade do aire nos
interiores, tanto para oficinas con ventilación natural como para oficinas con
ventilación mecánica, para tratar a vía de contaxiosidade aérea por
aerosoles nas oficinas de xustiza.
-O STAJ
tamén
demandou a publicación dun Protocolo Covid-19 unificando unhas
pautas de actuación comúns para todos os órganos xudiciais galegos,
debendo pecharse calquera oficina xudicial onde se produza un positivo, illando
aos compañeiros/ as ata que se lles realicen as PCRs oportunas e descartando
así un contaxio maior.
-A cita previa, debe seguir funcionando pero de forma máis eficaz,
debe de poñerse en marcha en tódolas localidades e xulgados de Galicia, dando
as instrucións oportunas ao persoal de seguridade para proceder a un filtro
máis exhaustivo no paso do público. O presidente do Comité dinos que se fixo un
ofrecemento ao TSJ e a Fiscalia Superior nunha comisión do mes de Abril para a
utilización das aplicacións informáticas da Xunta, o que sucede é que solo
restrinxiu aos rexistros civis das ciudades e pon en man dos xuices e fiscais a
evolución de esta modalidade.
-Reiteramos a petición de que se distribúan ou instalen termómetros de non contacto ou cámaras termográficas en cada edificio xudicial, medidas moi necesarias e totalmente estendidas a día de hoxe en calquera edificio público. Non o teñen previsto, dentro da Administración Xeral da Xunta non se están facendo, ademáis non hai quen manexe os medidores.
-Unha vez máis
solicitamos que se extreme a
limpeza, desinfección e ventilación durante
e ao finalizar a xornada laboral, por parte da empresa de limpeza (Clece).