viernes, 30 de octubre de 2020

CERTIFICADO DE DESPRAZAMENTO

Ante o confinamento perimetral acordado no día de hoxe pola Xunta de Galicia é posible que nos vindeiros días podades veros obrigados a xustificar a necesidade de desprazaros dende os vosos domicilios e o lugar de traballo. Aínda que sería suficiente para iso a exhibición do voso certificado de traballo, co que xa vos identificades e no que consta a vosa condición de funcionario da Administración de  Xustiza e o corpo ao que pertencedes, deixámosvos igualmente na seguinte ligazón un modelo de certificado para que o firme o xefe de persoal do organismo onde estades destinados e co que poder tamén xustificar a necesidade do desprazamento.

Modelo Certificado Desplazamiento


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras