viernes, 30 de octubre de 2020

A Xunta decreta o peche perimetral das sete cidades e preto de 20 concellos

"A Xunta de Galicia decidiu este venres endurecer as medidas para conter a transmisión da Covid-19 en Galicia. En concreto, establécese o peche perimetral de Santiago, Ames, Teo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, A Coruña, Arteixo, Vimianzo, Pontevedra, Poio, Marín, Vigo e Lugo. Todos estes concellos súmanse ás medidas xa vixentes en Ourense, Barbadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O Carballiño, O Irixo e Boborás. É a decisión que acaba de anunciar o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha comparecencia celebrada despois da reunión do subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia. As medidas entrarán en vigor esta mesma tarde, de cara á fin de semana da festividade de Todos os Santos. En principio estarán vixentes ata comezos da vindeira semana, cando o subcomité se reunirá de novo para estudar a evolución da pandemia e tomar novas decisións."

Ver completo en gciencia.com

elprogreso.es

diario de pontevedra.es


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras