viernes, 30 de octubre de 2020

Publicado no DOG o Decreto da Xunta que dispón o confinamento de varios concellos de Galicia

DECRETO 178/2020, do 30 de outubro, do presidente da Xunta de Galicia, polo que se adoptan medidas en determinados ámbitos territoriais da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria, na condición de autoridade competente delegada no marco do estado de alarma declarado polo Real decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2.

Primeiro.

Limitacións da entrada e saída de persoas en determinados ámbitos territoriais

1. Queda restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña e Arteixo, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Poio e Marín, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Teo e Ames, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ferrol, Narón, Fene e Neda, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Ourense e Barbadás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos do Carballiño, O Irixo e Boborás, no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Verín, Oímbra e Vilardevós, así como nos concellos de Vigo, Lugo e Vimianzo.

2. Quedan exceptuados da anterior limitación aqueles desprazamentos, adecuadamente xustificados, que se produzan por algún dos seguintes motivos:

a) Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios.

b) Cumprimento de obrigas laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.

c) Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.

d) Retorno ao lugar de residencia habitual ou familiar.

e) Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.

f) Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de servizo en territorios limítrofes.

 g) Actuacións requiridas ou urxentes ante os órganos públicos, xudiciais ou notariais.

 h) Renovacións de permisos e documentación oficial, así como outros trámites administrativos inaprazables.

i) Realización de exames ou probas oficiais inaprazables.

j) Por causa de forza maior ou situación de necesidade.

 k) Calquera outra actividade de análoga natureza, debidamente acreditada.

3. Non estará sometida a restrición ningunha a circulación en tránsito a través dos ámbitos territoriais en que resulte de aplicación a limitación prevista no número anterior.

Segundo.

Limitacións da permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados en determinados ámbitos territoriais.

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará limitada aos grupos constituídos só por persoas conviventes, nos concellos da Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra, Poio, Marín, Santiago de Compostela, Teo, Ames, Vigo, Ferrol, Narón, Fene, Neda, Ourense, Barbadás, Verín, Oímbra, Vilardevós, O Barco de Valdeorras, en todos os concellos da comarca do Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea) e no concello de Vimianzo. Esta limitación non impedirá a reunión con persoas non conviventes que se produzan por motivos de asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, ou por causa de forza maior ou situación de necesidade.

Así mesmo, esta limitación non será aplicable no caso de actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Tampouco resultará de aplicación naquelas actividades previstas nas ordes da persoa titular da consellería competente en materia de sanidade en que se recollan medidas de prevención específicas para estes territorios respecto das cales se considere expresamente a posibilidade de que os grupos sexan de conviventes e non conviventes.

Terceiro.

Eficacia, seguimento e avaliación .

Este decreto terá efectos desde as 15.00 horas do 30 de outubro de 2020. A prol dos principios de necesidade e de proporcionalidade, as medidas deberán ser obxecto de seguimento e de avaliación continua, co fin de garantir a súa adecuación á situación epidemiolóxica e sanitaria e para os efectos, de ser necesario, da súa modificación ou levantamento. En todo caso serán revisadas nun período máximo de 7 días

Ver o Decreto n DOG


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras