O pasado día 2 de setembro STAJ presentou escrito instando a reunión do
Comité de Seguridade é Saúde Laboral de Xustiza. Convocada a celebración do
Comité, para hoxe día 21 de setembro deixamos os puntos máis importantes
nos que imos incidir, respecto aos medios e medidas que xa se tomaron e que
consideramos han de manterse e, en moitos
casos mellorar a súa execución e eficacia, así como outros que cremos que deben
acordarse con urxencia.
-. É necesario asegurar unha boa ventilación natural para aumentar a circulación do aire exterior e a dilución do aire interior, con todo, no inverno resulta complicado que se realice cando se atopa o persoal traballando nas oficinas xudiciais, por tanto, STAJ solicita que polo Sr. Presidente deste Comité, se remitan instrucións expresas á Xerencia da empresa encargada dos labores de limpeza e/ou desinfección, para que se inclúa entre as funcións do seu persoal, proceder a unha adecuada ventilación, en horario de mañá ou tarde, pero fóra das horas de xornada laboral do funcionariado.
-.No caso de edificios “intelixentes” que non dispoñen de ventilación natural, (ex. Coruña, Ourense, Santiago, Pontevedra e en xeral de todos aqueles que dispoñen de aire acondicionado susceptible de utilización) STAJ considera que se require unha adecuada filtración central do aire aumentando á configuración mais alta o “modo filtración de aire” sen reducir a circulación do mesmo. Ademais, tendo en conta que Staj solicitou en varias ocasións a revisión de filtros, SOLICÍTASE EXPRESAMENTE ao Presidente do Comité, que informe DOCUMENTALMENTE:
a). De realizarse a devandita revisión (mediante a remisión da copia do xustificante de realización do servizo ou similar) onde se acredite que se inspeccionou no seu caso.
b). Que naqueles instalacións que dispoñan dun sistema HVAC, se poña este a funcionar co máximo fluxo de aire exterior 2 horas antes e despois dos horarios de ocupación, de conformidade cos estándares normativos.
c). Se se utilizan os sistemas de filtración/ventilación, filtros de aire de alta eficiencia para particular ( HEPA), para mellorar a circulación de aire limpo, sobre todo en áreas de maior risco.
-. A CITA PREVIA, debe seguir funcionando pero de forma máis eficaz para evitar acumulación de xente deambulando polos Xulgados sen cita previa ou, como meros acompañantes, ao detectarse unha relaxación no control de entrada de persoas nos edificios xudiciais. Por este motivo STAJ solicita, que polo Sr. Presidente do Comité, que se realicen as xestións oportunas para a remisión de Instrucións neste sentido a todos os mandos das persoas que exercer o servizo de “control de porta”, sexan pertencentes ás forzas e corpos de seguridade do Estado ou a empresas de seguridade.
-. STAJ solicita HABILITAR en cada Xulgado ou sede xudicial, sobre todo nos situados nos partidos xudiciais , sempre que sexa posible, un habitáculo ou sala para a celebración de comparecencias, declaracións, videconferencias…etc. situado fóra das dependencias da oficina xudicial. Se por falta de espazo, non fose posible, a SALA DE VISTAS, debe quedar suxeita a un calendario de celebración de xuízos e videconferencias e outras actuacións deste tipo de onde necesariamente, interactúan máis de dúas persoas á vez (funcionario/a, fiscal, xuíz/a, prexudicado/a ou investigado/a, avogados/as, procurador/a, etc).
-. REPARTICIÓN DE MÁSCARAS:
a) Tratándose das de tipo cirúrxicas, necesítase que cada funcionario/a dispoña de polo menos 2 por xornada laboral, está comprobado que só protexen como máximo 4 horas.
b) Para o persoal que teña que realizar actuacións de atención directa ao público ou teña que practicar actuacións xudiciais ante varias persoas (declaracións ou comparecencias) e aos que deban saír a notificar ou facer outro tipo de dilixencias en domicilios particulares, empresas, etc, facilíteselles máscaras de maior protección.
-. O regreso dos nenos e nenas ás aulas e a especial incidencia que pode supoñer, o peche, o confinamento ou a medida de illamento do menor no seu domicilio para un gran número de traballadores e traballadoras e sabendo que o mesmo é susceptible de pasar en centros asistenciais e centros de día de persoas maiores STAJ solicita ao Sr. Presidente do Comité, que inste ante quen e como corresponda ou, no seu caso CLARIFIQUE, a situación á cal poden acollerse o persoal afectados, que ben puidese ser.
a) Un permiso especifico por “deber inescusable” en caso de illamento, debido a que, baixo ningún concepto o menor ou maior dependente pode quedar só en casa.
b) Teletraballo no seu domicilio mentres persista a anómala situación.
c) Posibilidade, sempre voluntaria, de cumprir a xornada en quenda de tarde.
d) Posibilidade de poder flexibilizar a totalidade da xornada laboral, segundo circunstancias que se acrediten e que deberían ser tidas moi en conta, para o caso de ELIMINACION DE FERRAMENTAS DE CONCILIACIÓN como son a aula matinal, o comedor e as actividades extraescolares.
-. Ademais con carácter xeral, e para tódolos traballadores/as, solicitamos que como medida excepcional das 7 horas de xornada diaria, 5 sexan de parte fixa (de 9 a 14 horas, horario de atención ao público) e 2 horas de parte flexible, co fin de facilitar a conciliación familiar.
-.STAJ solicita, unha vez máis A PRORROGA DO TELETRABALLO para todos os funcionarios/ as interesados e especialmente para casos de confinamento ou illamento , calquera que sexa a orixe, STAJ considera que é fundamental, non só a nivel preventivo, senón tamén para garantir o normal funcionamento da Administración da Xustiza en Galicia. E tamén SOLICITA EXPRESAMENTE, que se convoque unha mesa específica para regular aínda que sexa de forma temporal, esta nova situación que, pola súa propia necesidade, non pode quedar ao libre arbitrio de ningún LAJ, se causar quebranto nin discriminación a ningún traballador.
-. Nos casos de que algún funcionario/a de xustiza, dese positivo, haberá que aclarar en que situación queda o resto dos seus compañeiros/as. STAJ solicita que se aclare perfectamente o protocolo que se aplica en cada caso, que por outra banda, os delegados de prevención descoñecemos porque carecemos de datos. É por iso que, STAJ solicita que a información concisa remitida pola D.X en caso dalgún positivo onde só comunica: o xulgado afectado e a subseguinte limpeza do mesmo, SE AMPLIE, no sentido de:
- Se é un contaxio externo ao xulgado sen contacto cos compañeiros
- Se a pesar de ser externo, tivo contacto cos compañeiros - ou se foi
infectado nas instalacións do xulgado ou se manifestaron os síntomas cando
estaba a desenvolver a súa xornada laboral.
-. Derivado do anterior, STAJ solicita ao Sr. Presidente do Comité que proceda a dar as ordes oportunas para que se inicie unha campaña divulgativa onde cada funcionario coñeza á perfección en que situación se atopa cando se produza un contaxio no seu centro de traballo, é dicir: Que se entende por “contacto estreito”, dado que, a pesar de que estean separados por biombos, comparten elementos comúns como: teléfonos, fotocopiadoras, etc, ou só se ten en conta aos que tiveron un contacto superior a 15 minutos e sen mascarillas?
-. Durante a celebración do último Comité, STAJ solicitou a avaliación de riscos do SCNE de Ourense, porque se atopa nun semisótano sen ventilación natural e ocupadas as súas dependencias por practicamente a totalidade do persoal nun espazo formato, “vagón de tren” que estaba a afectar seriamente ás relacións entre compañeiros, polo número de horas que tiñan que compartir nun espazo tan abafante. Pois ben, o día 7 de xullo, presentouse nesas dependencias o Servizo de Prevención de Ourense, para realizar a correspondente avaliación, de cuxo resultado, e a pesar da urxencia coa que foi solicitada, non temos coñecemento a día de hoxe. Non queda máis remedio que pedir explicacións ao Presidente deste Comité, sobre o funcionamento do servizo de Prevención de Riscos de Ourense
-. SOLICÍTANSE BIOMBOS para os 3 Xulgados de Villagarcia de Arousa. Actualmente só dispoñen de 2 biombos para a separación entre funcionarios, por tanto necesitan EN CADA UN DOS 3 XULGADOS: - 3 BIOMBOS a maiores de separación entre funcionarios - 6 máis pequenas, tipo de mesa, para protexer aos funcionarios da xente do exterior que forzosamente, ten que acudir ás súas mesas.
-. SOLICÍTANSE BIOMBOS para VILLALBA: - 1 para o Xulgado de Villalba nº 1, e outro para o Médico Forense.
-. Solicítanse terminais telefónicos para os catro xulgados e o decanato de Cambados, para poder utilizarse un por cada traballador.
Solicítanse 3 mostradores cos seus correspondentes biombos para os XULGADOS DE CARBALLO (un para cada un) como forma de contención e atención ao público. Reitérase a petición de instalar unha cámara Termográfica nos sistema de control de acceso de cada sede xudicial para un rápido e preciso control da temperatura, tanto de público como de funcionarios