Hoxe tivo
lugar a reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, presidido polo
Director Xeral de Xustiza, coa orde do dia seguinte, COVID (EPIs, novo
procedemento persoal especialmente sensible..)
Antes de
informarvos dos temas da orde do día, adiantamos a seguinte información,
referente a outros temas de interés, que se nos diu na reunión:
- Haberá, tal como pediu STAJ a semana pasada neste escrito http://stajgalicia.blogspot.com/2020/05/staj-solicita-reforma-da-orde-do.html unha
Mesa de negociación para tratar as vacacións e actualizar a Orde de horario e
xornada laboral, esta Mesa será convocada antes do 15 de xuño, polo que as
vacacións non poderán pedirse, de xeito xeralizado, con anterioridade.
- Non
se van a publicar as adxudicacións das substitucións publicadas en marzo, nin vai a entrar en vigor a nova bolsa de interinos ata a entrada na FASE 3 que terá
lugar non antes do 9 de xuño, pois non teñen pensado sacar nomeamentos de interinos.
- Teremos unha
reunión coa DXX o vindeiro luns, esperamos que non sexa solo informativa, e
nela se trate o encaixe en Galicia da Orde que publicará o Ministerio, mañan ou
o propio luns, de cara a FASE 2, que empeza o martes 26.
- Con respecto aos
que teñen permiso por deber inescusable (fillos menores de 14 anos-
persoas maiores dependentes) estanse poñendo en contacto con eles para que
xustifiquen e aporten documentación, solo con aqueles que non madaron xustificantes
ou cos que consideran que lles falta algún documento.
EPIs
Con
respecto as medidas e medios de seguridade o Director Xeral asegurou que se
repartiron 61.900 mascarillas, 50.000 lubas, mais de 1.000 botes de xel, 261
mamparas e 1.700 pantallas que se repartiron nos SCNE, Xulgados de garda,
Rexistros Civís, Instancias, etc. que hai outras 2.000 dunha donación
privada que se van a repartir nas Audiencias Provinciais, nos xulgados
do Social, Fiscalías e Xulgados de Menores. Que non van a faltar EPIs en ningún
xulgado, servizo ou oficina xudicial.
PROCEDEMENTO
PARA PERSOAS ESPECIALMENTE SENSIBLES
Tal como
vos explicamos en varias ocasións, e xa teñen publicado na Intranet dende o
pasado martes, existe un novo procedemento para determinar que unha persoa ten
unha enfermidade sensible ao COVID-19 e polo tanto se lle ten que adaptar o
posto de traballo ( retiralo de lugares concurridos ou de oficinas onde
traballe moita xente- fixar turnos de tarde para que traballen solos ou con
menos compañeiros- ofrecerlle o teletraballo se é posible no seu corpo ou
destino, e en último caso quedar na casa cunha baixa laboral ata que o risco disminua).
Hai un
novo modelo de solicitude que debedes mandar ao Servizo de Prevención da Xunta
de Galicia, isto debese facer dende xa. Deixamos o modelo e a nota infomativa
para facelo: http://stajgalicia.blogspot.com/2020/05/nota-informativa-respecto-do.html
STAJ
solicitou no propio Comité e en escritos presentados con anterioridade:
- Que se
extreme a hixiene e a desinfección. Neste punto o Director non asegurou a
limpeza no cambio de quendas nin nas salas de vistas entre cada xuizo, solo
dixo que se iba a intentar.
- Que se
faga un protocolo para a utilización das salas de vista coa seguridade
petinente para todos os asistentes, especialmente para os auxilios Xudiciais.
- Que o
reparto de EPIs se deixe de facer nos decanatos e se repartan con caracter previo
ou nas entradas das sedes xudiciais.
- Que se
faga un protocolo de manipulación e, no seu caso, de desinfección dos
expedientes e demais documentación en formato papel.
- Que se
dote as oficins de mais terminales telefónicos, con pantalla e mans libres.
- Que se
supendan as obras do edificio de Ourense ata a finalización da FASE III, a
finais de xuño.
- Que se
limpien os filtros dos sistemas de ventilación e de aire acondicionado con mais
regularidade do ordinario.
_ Que se
poñan mamparas e mostradores nos SCNE qu o necesiten para a seu adecuado
distanciamento do público.
- Que se faga un
protocolo de acceso as sedes xudiciais para aos profesionais e usuarios.
-
Regulación especifica e definitiva do teletraballo, incluso para cando esta
crise remate, estamos cunha regulación da Xunta. Agora mesmo hai 338 persoas
teletraballando.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras