De cumprirse as fases de desescalada na Administración de Xustiza previstas polo
Ministerio, hai que aplicar a partires de mediados de xuño o horario de
verán, pois nesas datas entraríamos na fase 4, onde xa estaría todo o persoal
traballando presencialmente e sin quendas de tarde, con público e profesionais,
con xuízos e co horario que corresponda aplicar a época do ano. Pero resulta
que a Orde do horario que temos e a que regula o horario e xornada laboral para
o ano 2014, é decir, levamos 6 anos sen actualizala e sen facer unha normativa
anual, que é o que di a lei.
Dende o ano
2014 cambiáronse cousas que se regulaban naquela Orde, solicitadas por STAJ
(entrada ás 7:30 no verán, reducción do horario das prolongacións de xornada no
verán, etc) e que beneficiaron ao colectivo, pero esas melloras foron
realizadas mediante instruccións e circulares dictadas sen negociación e sen a necesaria reforma da norma superior, é
decir, cambios e actualizacións que non se fixeron adecuadamente e que deixan
todo no limbo da seguridade xurídica. Esto
xa é hora de cambialo e de facelo ben, porque se necesita unha actualización da
Orde da xornada laboral e o horario que recolla
as melloras destes últimos 6 anos e ao mesmo tempo, que se regulen novas medidas
de cara a afrontar as actuáis circunstancias de crise. Entre estas últimas
cremos necesario a ampliación do periodo de disfrute de vacacións e días de
asuntos propios xerados durante este ano 2020, ata o 30 de abril de 2021, así o
disfrute de parte destes días podería
relizarse durante a Semana Santa do ano que ven.
Debemos acometer como rematar coa discriminación que se da cando un ou os dous días festivos locais
dunha localidade caen en sábado ou domingo, pois estase obrigando ás persoas
con destino neses concellos a traballar ata 15 horas mais ao ano que o resto de
persoal. Eso pasa tódolos anos en menor ou maior medida, este ano nos concellos
de Monforte, Vigo e Cabana de
Bergantiños onde un dos festivos locais e sábado, pero resulta particularmente
inxusto en Cambados onde os dous festivos locais caen en sábado,
temos que pensar que si se manteñen estes días como festivos o ano que ven
cadrarían en domingo, e o perxuizo sería moi grave se non se compensa, nos dous
anos traballarían 30 horas mais. Consideramos
nestes casos que aos funcionarios que traballen neste concello se lles pode compensar
cun día de asuntos propios mais por cada dia festivo local que cadre en
sábado ou domingo.
Consideramos tamén que as semanas grandes se deben regular, e nesa regulación, que agora non existe, darlle voz aos funcionarios que traballan nos distintos
concellos antes de decidir, incluso cremos que a semana grande non ten que
estar ligada a un dos dous festivos locais,
porque moitas veces as festas maiores non
coinciden con ningún deses dous días festivos,
o que leva a queixas e incluso a cambios pedidos pola maioría dos
compañeiros afectados, aos que STAJ cree que debemos escoitar en tódolos casos antes
de decidir, son eles/as os que mellor saben o que queren e non se crea ningún
perxuizo para a Adminsitración nin para o servizo.
SOLICITAMOS a convocatoria urxente, xa estamos mediados de maio, de
Mesa Sectorial para actualizar e reformar a Orde de xornada
laboral e horario na Administración de Xustiza en Galicia, nos termos que
expusemos e noutros que proporemos o mesmo día da reunión.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras