Onte tivo lugar reunión por
videoconferencia entre o Ministerio de Xustiza e STAJ e as organizacións
sindicais representativas, CSIF,CCOO,UGT,CIG e ELA, con motivo da inminente aplicación de medidas do Plan
de Desescalada da Administración de Xustiza no territorio non transferido, da que vos adiantamos información.
O tema principal da reunión era adaptar o decreto lei 16/2020 en canto á habilitación de parte do
mes de agosto, con respecto ás vacacións dos funcionarios da Administración de
Xustiza.
O Ministerio vai ditar
normas unicamente para o seu ámbito competencial ( LAJS e funcionarios de
Corpos Xerais do seu propio ámbito competencial).
Cada CCAA con
transferencias, será competente para manter as súas actuais ordes que regulen
as vacacións ou negociala no sentido de porcentaxes expostas polo Ministerio no
seu ámbito.
O Ministerio terá unha
reunión coas CCAA mañá na que trasladará os seus plans, en especial en relación
ás vacacións que quere aplicar no seu ámbito coa intención de que as CCAA lle
sigan.
A proposta do Ministerio,
para o seu ámbito, é a seguinte:
-Durante o primeiros dez
días do mes de agosto, salvo nos xulgados que presten servizo de garda, ou
outras necesidades do servizo debidamente xustificadas, o número máximo de
funcionarios que poderá traballar en cada órgano xudicial, fiscalía, unidade ou
servizo común será do dez por cento do persoal.
-Durante o resto dos días do
mes de agosto, o persoal que deberá traballar en cada momento en órganos
Xudiciais, fiscalías, unidades e servizos comúns será como mínimo do 20-30% .
-Durante os días hábiles do
mes de agosto de 2020, evitarase a celebración de actuacións que esixan a
presenza física de cidadáns ou dos seus representantes nas sedes xudiciais ou
fiscais, salvo que se trate de actuacións urxentes ou que as necesidades do
servizo non poidan demorarse nin ser cubertas sen a presenza física dos
intervenientes nas devanditas actuacións.
-Os profesionais absteranse de acudir aos órganos xudiciais salvo causas
xustificadas de urxencia.
-A presentación de escritos,
tanto iniciadores como de trámite, así como os traslados, emprazamentos e
notificacións serán telemáticos, salvo motivos de urxencia debidamente
xustificados.
-Durante os meses de xuño,
xullo e setembro, non poderán gozar de vacacións simultaneamente funcionarios
que superen o 20% do persoal de cada órgano xudicial, fiscalía, unidade ou
servizo común. (é dicir a presenza deberá ser dun 80% do persoal)
-Os días de vacacións
correspondentes a 2020 poderán gozarse ata o 31 de marzo de 2021.
STAJ considera que estas
medidas do Ministerio son inaceptables e así o formulou na reunión de hoxe e na
que se celebrará o vindeiro luns e na que esperamos que rectifique e non se
limite a querer cubrir o trámite da negociación.
Estas medidas restritivas do
dereito dos funcionarios para gozar das súas vacacións libremente durante todo
o período estival e obrigar ao 90% a tomar vacacións do 1 ao 10 de agosto e o
resto, maioritariamente fóra dos meses de verán, parécenos un sinsentido e unha
medida que busca contentar exclusivamente a xuíces, fiscais, avogados e
procuradores prexudicando ao persoal ao servizo da Administración de Xustiza
cunha medida que ataca frontalmente a conciliación laboral e familiar da
inmensa maioría do persoal de Xustiza, e o noso dereito a disfrutar as vacacións durante todo o ano, sen imposicións.
STAJ defenderá en todos os
ámbitos transferidos o mantemento das súas actuais regulacións de vacacións e a
non aplicación destas medidas propostas polo Ministerio e, así mesmo, no ámbito
competencial xestionado polo Ministerio de Xustiza seguiremos insistindo na
necesidade de que o Ministerio rectifique e aplíquese a regulación existente de
vacacións.
Hai prevista unha nova reunión dos sindicatos co Ministerio o próximo luns.
Xa lle advertimos a DXX que STAJ non vai tolerar que se regule en Galicia a normativa de vacacións tal como está proposta polo Ministerio.
Hai prevista unha nova reunión dos sindicatos co Ministerio o próximo luns.
Xa lle advertimos a DXX que STAJ non vai tolerar que se regule en Galicia a normativa de vacacións tal como está proposta polo Ministerio.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras