Deixamos unha primeira nota informativa, respecto da reunión mantida hoxe polo Ministerio co sindicatos STAJ, CSIF, CCOO, UGT, CIG e ELA.
O tema principal da reunión de hoxe era adaptar o
decreto lei 16/2020 en canto á habilitación de parte do mes de agosto, con
respecto aos dereitos vacacionais dos funcionarios da Administración de Xustiza.
O primeiro que hai que destacar é que o Ministerio vai ditar normas únicamente para a súa competencia directa, é decir para os LAJS e do seu propio ámbito competencial en canto oaso Corpos Xerais, e van ser as CCAA dentro do seu propio ámbito as que van regular os seus períodos vacacionais e, no seu caso, as adopten medidas de adaptación ao decreto citado. Pero sí que van a trasladar as CCAA, na reunión de mañan pois suspendeuse a programada para hoxe a tarde, os criterios do Ministerio respecto das vacacións, que aínda que non llos vai imponer, pretenden que sexa unha guía a ter en conta en cada CCAA, para que non haxa grandes diferencias entre uns territorios e outros.
Con respecto ó seu ámbito o Ministerio pretende, aínda que non e
definitivo é solo unha proposta, que
levarán a unha nova reunión o luns:
Que do 1 ao 10 de agosto estea unicamente presente o 10% do persoal.
Que do 11 ao 31 de agosto estea unicamente presente do 20-30%persoal
Que os meses de xuño, xullo e
setembro estea presente o 80% do
persoal.
Tamén se mostran abertos a ampliar o prazo de disfrute das vacaciós deste ano, mais alo de xaneiro de 2021, aínda que non concretan ata onde.
A actividade do mes de agosto será mínima, sen xuízos, e na medida do
posible, con presentación de escritos e notificacións só telemática. (aínda que
non o poden impoñer).
Con respecto a volta ao horario e xornada ordinaria de rexistros civís
están en contacto con DGRN para a súa adaptación normativa. Descoñecen cando a poderán ter preparada.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras