jueves, 28 de mayo de 2020

Reunión co Ministerio hoxe as 12 para tratar as vacacións

Hoxe as 12 da mañán esta convocada unha reunión entre o Ministerio e os Sindicatos STAJ, CSIF, CCOO, UGT, CIG e ELA, para tratar as vacacións e “asuntos derivados da habilitación parcial do mes de agosto”. Non entendemos moi ben o que queren tratar referente ao segundo punto, sobre todo porque non nos diron documento previo e non nos explicaron o alcance nin o contido dese punto a debater.

Respecto da vacacións, si temos coñecemento de que, entre outras cousas, queren ampliar o prazo de disfrute mais ala do mes de xaneiro de 2021, atendendo así unha solicitude de STAJ, pero tamén teñen en mente buscar  unha formula que lles permita que agosto sexa o mes de referencia para o disfrute das vacacións este ano, cousa que parece contradictorio coa súa habilitación procesal, en fin, xa vos contaremos con que nos veñen.

Eso sí, esta vez o Ministerio e as CCAA queren ter criterios compartidos sobre as vacacións, e polo tanto o que salga na Orden  do Ministerio será trasladado as Resolucións das CCAA.

Por certo a reunión entre o Ministerio e as CCAA para tratar estos asuntos  e hoxe pola trade. 


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras