Os presidentes do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia, das Audiencias Provinciais e os xuíces e xuízas
decanos/ as das sete principais cidades galegas aprobaron unha serie de normas
de uso dos edificios xudiciais para garantir a seguridade fronte ao COVID-19 no
regreso á actividade. Os acordos foron tomados en cumprimento das medidas
procesuais e organizativas aprobadas pola Sala de Goberno do Tribunal Superior
de Xustiza de Galicia o pasado 30 de abril, en adaptación e desenvolvemento do
protocolo aprobado polo Consello Xeral do Poder Xudicial o 29 de abril.
A continuación, pódense consultar
as medidas de seguridade, de acordo ás recomendacións sanitarias, adoptadas nos
edificios xudiciais das cidades, Audiencias Provinciais de Galicia e Tribunal
Superior.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras