martes, 10 de marzo de 2020

Tramitación, quenda libre: exame de word. Sedes publicadas a data de hoxe

Estamos á espera de que o Ministerio de Xustiza nos facilite máis información. Dende o momento no que se coñeceu onte o peche dos centros educativos, primeiro de Vitoria e máis tarde da Comunidade de Madrid, STAJ púxose en contacto co Ministerio para que nos aclarar se iba celebrar o terceiro exame de tramitación, quenda libre nestas sedes. 

O Subdirector de Medios Persoais comunicounos a última hora da tarde que ao longo desta mañá poñeríase en contacto cos responsables de ámbalas dúas comunidades para que lle confirmasen a celebración da proba ou a súa suspensión. 

En canto teñamos coñecemento informarémosvos puntualmente, tendo en conta que a velocidade dos acontecementos pode facer cambiar esa información en poucos días ou horas, sobre todo en función  das directrices que estableza o Ministerio de Sanidade.

Aínda coa incerdume actual, volvemos a esixir ao Ministerio a publicación das distribución de opositores nas sedes de exame; reflectímosvos a continuación, a das sedes que ata o de agora se fixeron públicas:

Tenerife


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.