martes, 10 de marzo de 2020

Mesa coa DXX para tratar a Traxectoria Profesional

A Dirección Xeral de Xustiza remitiunos o borrador do que eles chaman Traxectoria Profesional, non Carreira Pofesional como debería chamarse e como lle chama a LOPX e convocounos a unha Mesa Sectorial en Santiago para o venres. 
Imos intentar destripar o que consideran Traxectoria Profesional, as súas cantidades e os seus requisitos. En principio xa non vai ser un complemento fixo e novo como debía ser a Carreira Profesional según a LOPX, vai a ser un cantidade que vai aumentar temporalmente o CAT e o Complemento Especifico (CE), xa sabedes que nas Fiscalias e nos Imelgas non cobran CAT que cobran a mesma cantidade pero como Complememto Especifico, teñen RPTs.

PREÁMBULO DO BORRADOR: Fala de que os Orzamentos para 2020 dotaron con 860.000 esta Trayectoria Profesional (pouco nos vai tocar, temos que pensar que somos uns 2.700 incluindo ao persoal interino que non pode quedar fora e hai que distruibuilos en 12 pagas ao ano). Di tamen que no caso que o Goberno Central desenrolase a verdadeira Carreira Profesional esta cantidade quedará subsumida naquela outra cantidade, que se vai a pagar aumentamdo o CAT e o CE. Será un sistema voluntario e haberá un sistema ordinario e outro extraordinario.

BASE PRIMEIRA: Vai dirixida ao persoal funcionario de carreira dos corpos de Médicos Forenses, Xestores, Tramitadores e Auxilios.

BASE SEGUNDA: O sistema ordinario ten un grao inicial, no que se cobra nada, e terá catro graos mais. Para pasar de grao hai que permanecer no anterior 5-6-6-7 anos respectivamente.

BASE TERCEIRA: Do grao 1 ao grao 4 o abono da cantidade correspondente farese como dixemos no CAT e no CE, non se instaura un complemento novo e consolidable  como é a verdadeira Carreira Profesional.
As contías máximas anuais en 12 pagas, entendemos que solo as cobrarían aquelas persoas que acaden o grao 4, serían as seguintes: MEDICOS FORENSES- 2.515,68 (209 euros ao mes) XESTORES- 1.760,64 ( 146 euros ao mes) TRAMITADORES- 1.135,44 (94 Euros ao mes) AUXILIOS- 963,72 ( 80 euros ao mes).

BASE CUARTA: No segundo semestre do ano 2020 posibilitariase que os que non son funcionarios de carreira, é decir interinos, poidan acceder ao grao inicial, e incluso ao grao 1. Tamén entrarán neste sistema de encadramento aqueles que sendo funcionarios de carreira non cumpran os requisitos para aceder ao sistema extraordinario.

BASE QUINTA: Regula o sistema excepcional e o sistema transitorio de grao 1 e grao 2. Poderán participar neste sistema extraordinario os funcionarios de carreira que estén en situación de servizo activo e que teñan polo menos 5 anos de antigüidade no Corpo correspondente, e cumpran os criterios de avaliación.
En función das dispoñibilidades orzamentarias, é decir si se hai cartos, o persoal encadrado no grao 1 cobrará a cantidade correspondente, non sabemos de que cantidade se trata, do seguinte xeito NO ANO 2020 o 10%- NO ano 2021 o 66%- NO ANO 2022 O 100%,  esto quere decir que os que teñan o grao 1 tardarán 3 anos en cobrar a pequena cantidade que lle corresponde a ese grao.
No caso dos grupos C1 e C2, que corresponden a Tramitación e Auxilio, e se as dipoñibilidades orzamentarias o permiten, poderán cobrar as cantidades do grao 1 en vez de en 3 anos en 2 e con esta distribución, ANO 2020 o 20% , NO ANO 2021 o 100%.
Segue decindo esta BASE QUINTA, que no segundo semestre de 2021 aqueles que estén no grao 1 e conten cunha antiguidae de 11 no corpo, poderán pedir o encadramento no grao 2, que terá efectos económicos para Tramitación e Auxilio dende o dia 1 de xaneiro de 2022, e para Medicos Forenses e Xestores dende o 1 de xaneiro de 2023.
As cantidades correspondentes ao grao 2, que tampouco sabemos cales son,  cobraranse espalladas deste xeito: TRAMITADORES E AUXILIOS, 33,3% no ano 2022, o 66,6% no ano 2023 e o 100% no ano 2024. Aos MÉDICOS FORENSE E OS XESTORES se lle reparte o grao 2 deste xeito, no ano 2024 cobran o 50%, no ano 2025 o 75% e no ano 2026 o 100%. Como vedes uns tardan 2 anos mais en conseguir a cantidade total do grao 2, que insistimos non sabemos de que cantidade se trata.
Segue decindo esta BASE QUINTA, que no ano 2024 os TRAMITADORES e AUXILIOS e no ano 2026 os MEDICOS FORENSES E XESTORES que leven 17 anos no Corpo poderán pedir o grao 3 dito grao tera efectos económicos dende o 1 de xaneiro de 2025 para Tramitadores e Auxilios e do 1 de xaneiro do 2027 para Médicos Forenses e Xestores, e sempre que cumplan os demais  requisitos que logo explicaremos.

BASE SEXTA: Compromiso da Xunta de reformar as normas que sexan necesarias para garantir que esto se cumple.

BASE SEPTIMA: Teranse  en conta, entre outros, os seguintes criterios de avaliación: a actividade profesional, a formación e coñecementos adquiridos e a implicación coa organización cara a acadar unha administración de xustiza moderna e comprometida coa calidade dos servizos prestados á cidadanía. Valorarase de xeito particular a implicación nos procesos de cambio relacionados coa implantación do novo modelo de oficina xudicial e ferramentas informáticas.

ANEXO I: Nel especifícanse os criterios de avaliación para pasar dun grao a outro, sempre que se acaden os anos míninos de permanencia no grao anterior. Recomendamos que os leades, por extensos non os reproducimos nesta nota informativa.

CONCLUSIÓNS: Como podedes apreciar, nin se trata dunha verdadeira Carreira Profesional, nin as cantidades son as que nos dixeron algúns. Dependeremos sempre das disposicións orzamentarias, non fixan a cantidade destinada a cada grao, só sabemos a cantidade máxima. Cobraremos cada grao repartido ata en 3 anualidades. Uns cobrarán os graos antes ca outros, ata 2 anos antes. Alóngase  artificialmente o cobro dos graos e do ingreso en cada un deles, co gallo de que poida chegar antes a verdadeira carreira profesional do Goberno e esto quede en papel mollado e sexa o Estado quen asuma o verdadeiro custo da carreira profesional. Do cuarto grao xa non din nada. Non se trata dun novo Complemento fixo e consolidable, solo é un aumento temporal do CAT e do CE. 

NON SEREMOS NÓS QUEN NOS OPOÑAMOS A UN AUMENTO, POR OUTRA BANDA TAN NECESARIO, DAS RETRIBUCIÓNS DO PERSOAL DE XUSTIZA DE GALICIA, PERO ESTE QUE PROPOÑEN NON É NIN DE LONXE O QUE PREGOARON UNS E OUTROS.
PARÉCENOS MAIS UNHA MEDIDA PROVISIONAL E ELECTORALISTA, QUE UNHA MEDIDA QUE TEÑA VOCACIÓN DE ARRANXAR OS NOSOS PROBLEMAS RETRIBUTIVOS, E O PEOR DE TODO E QUE PARECE QUE XA POUCO OU NADA SE PODE FACER NA MESA DE NEGOCIACIÓN DO VENRES, TEN PINTA DE SER UN TEXTO CERRADO CUNHAS CANTIDADES CERRADAS E OUTRAS DESCOÑECIDAS QUE SERÁN DETERMINADAS NOS ORZAMENTOS DE CADA ANO.
NADA QUE VER CO APROBADO EN VALENCIA EN CANTO A CLARIDADE, AS CANTIDADES ACORDADAS, AO TEMPO PARA COBRALAS E AOS REQUISITOS PARA ACCEDER.


Preme aquí para acceder ó contido do borrador

DEIXAMOS UN RESUMO DO ACORDO DE VALENCIA PARA ESTE ANO.

Na Comunitat Valenciana para o ano 2020 firmaron un acordo que recoñece a traxectoria profesional dos corpos ao servizo da Administración de Xustiza que se resumen nos seguintes puntos: 

En Valencia, para este ano 2020, acordouse abonar a Médicos Forenses que leven entre 5 e 10 anos,  116 euros mensuais que se van incrementando por tramos ata chegar ao máximo de servizos prestados que será de 22 anos ou máis e cobrarían 467 euros mensuais. No caso do persoal de Xestión o importe oscila entre o mínimo de servizos prestados (de 5 a 10 anos) por un importe mensual de 81 euros ata o máximo (22 anos ou máis) que será de 302 euros. No corpo de Tramitación a horquilla oscila entre 60 euros polo mínimo de servizos prestados ata 193 polo máximo. Por último, no corpo de Auxilio abonaranse mensualmente dende 54 euros ata 154 como máximo polos servizos prestados.

Aparte da antigüedade, quen queira participar no plan, debe facer cursos de formación convocados pola Consellería de Justicia, Interior formación e capacitación nas ferramentas informáticas que se implanten, así como nas materias de tratamento e protección de datos, igualdade de xénero e prevención de riscos laborais.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.