HOXE MANDAMOS ESTE ESCRITO AO PRESIDENTE DO TSXG E A DIRECCIÓN XERAL DE XUSIZA, PENSAMOS QUE SON HORAS DE DECISIÓNS VALENTES E DE QUE DEIXEN DE XOGAR COA NOSA SAÚDE.
A Resolucións ditadas pola Dirección
Xeral de Xustiza o 15 e 17 de marzo nas que determina os servizos mínimos
esenciais na Administración de Xustiza de Galicia como consecuencia da
evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19
establece unhas dotacións de persoal moi desproporcionadas en canto as funcións e tramites que poden realizar como
servicios esenciais determinados polo Consello, o TSXG, a Fiscalia Xeral do
Estado e o Ministerio de Xustiza, en definitiva hai moita xente para tan
escasas competencias.
Con esa dotación, está a expoñerse innecesariamente ao persoal,
poñéndoo en risco extremo de contaxio de maneira inútil, e contradi o que o propio Real Decreto de Estado de Alarma
establece no seu articulado en canto á limitación de movementos de persoas co
obxectivo último de preservar a saúde da poboación e evitar a propagación do
virus para así lograr contelo.
Dado que a Comunidade Autónoma de
Galicia ten asumidas as competencias en materia de persoal ao servizo da
Administración de Xustiza, a dotación de persoal para atender os servizos
esenciais fixados é competencia exclusiva desa Dirección Xeral á que nos
diriximos, e por iso, instamos a que rectifique os servizos esenciais acordados.
Entendemos que os servizos esenciais
fixados non requiren en absoluto a cantidade de funcionarios que esa Direccion
Xeral determinou, debido a que, máis aló das actuacións propias do servizo de
garda e tendo en conta a suspensión
dos prazos procesuais, moitas das actuacións que constitúen eses servizos
esenciais non requiren a presenza física e continuada nas sedes xudiciais
durante a xornada laboral, polo que é
suficiente unha dotación mínima e común a varios órganos xudiciais (ao modo
que se fai para o corpo de Letrados), sen prexuízo do establecemento dunhas
quendas de dispoñibilidade de modo que o persoal estea en condicións de
continua localización para acudir ao órgano xudicial en canto sexan requiridos
para realizar algunha desas actuacións urxentes e inaprazables. É dicir, a
dotación de persoal non debería diferir moito da dun domingo ou festivo, sen
prexuízo, como dicimos, dos servizos de garda e do establecemento de quendas de
dispoñibilidade para o resto de persoal.
Un exemplo do desproporcionados que
é o número de persoal designado para atender estes servizos esenciais que
coñecemos moitos casos donde os xuices, fiscais, Pte das Audiencias, e
LAJs recortan eses servizos e mandan a
xente para casa, primeiro porque non son necesarios e están correndo risco de coller a enfermidade ou a
contaxiarlla aos compañeiros, segundo porque nin os xuices, nin os letrados,
nin os fiscais están permanentemente nos eus postos de traballo.
Temos que cambialo “chip” , esto no
son os servizos mínimos da folga, nen sequera se chaman igual, aquí tratase de
impedir que a enfermidade avance, que haxa o menor número de contaxiados
posible. Tamen cambia que na folga a xente podía acudir libremente ao xulgado,
agora esta moi limitado o salir da casa e máis ainda entrar nas instalación xudiciais,
polo que apenas hai cidadáns polos xulgados, nin sequere profesionais, pois a
maioría optou por quedar no seu domicilio.
Como sempre se tomaron decisión sen
contar cos representantes dos traballadores, e como sempre se van a ter que reformar as decisión tomadas,
eso sí, desa maneira sempre iremos por detrás do problema, cando as circunstancias nos aconsellan
que se debe ir por diante e tomar decisión valentes e eficaces, non facer
seguidismos inútiles e esteriles. Sexamos valentes e reduzamos os riscos de
contaxio do persoal de Xustiza, como se fixo cos fiscais, xuices e letrados, ou
é que a saude duns non vale igual que a de outros?.
Polo anterior:
Propoñemos que nos Xulgados con gardas de permanencia, as
mesmas se realícen de forma presencial solo pola metade da dotación do
servizo de garda e a outra metade queda na casa en situación de dispoñibilidade por si fixera falta, e
nos Xulgados de garda de dispoñibilidade,
consideramos dotación suficiente un funcionario do corpo de xestión P.A. ou
un funcionario do corpo de tramitación P.A., estando disponibles na casa o resto de persoal por se realmente fosen
necesarios.
Débese establecer nos Xulgados de violencia sobre a muller,
xulgados de instrución ou de primeira instancia e instrución con competencias
en violencia sobre a muller:. propoñemos que permanezca no xulgado un
funcionario de Xestion ou Tramitación e os outros dous queden na casa
dariamente en situación de dispoñibilidade por si fosen necesarios.
No resto
de xulgados a
dotación de peroal con presencia física nas oficinas xudiciais debería
limitarse a 1 funciaonario do corpo de xestión ou tramitación por cada 3
órganos u fracción, quedando en situación de dispoñibilidade 2 funcionarios
mais tódolos días por cada 3 xulgados ou fracción.
Nas Fiscalias entendemos suficiente
a dotación do servizo de garda coas especificacións contidas neste escrito, ademais 1 funcionario máis en
situación de dispoñibilidade na casa para acudir se fose necesaria.
Nos
Xulgados de Paz,
que apenas poden facer nada debido aos servizos esenciais aporbados, sería suficiente con que
acudise cada día un funcionario durante 2 horas, publicándose na porta do mesmo
as horas de atención ao publico.
Cada día son máis os contaxios
producidos, e xa se tivo que pechar algunhas sedes xudiciais noutros
territorios como Barcelona ou Sepúlveda entre outros. Por iso requirimos a DXX para que de forma urxente
tóme medidas para evitar os contaxios dentro deste colectivo ao que representamos,
e de paso se evite o peche dos edificios xudiciais en Galicia reducindo o risco e o
persoal innecesario.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.