AGORA QUE XA COÑECEMOS OS SERVIZOS ESENCIAIS QUE DICTOU, PERO QUE AINDA NON PUBLICOU A DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA, STAJ PRESENTA QUEIXA POLO GRAN NUMERO DE PERSOAS QUE OBRIGA IR A TRABALLAR DE XEITO PRESENCIAL SEN NECESIDADE REAL, EXPOÑENDO SEN NECESIDADE A SÚA SAÚDE E A DOS SEUS FAMILIARES E COMPAÑEIROS.
STAJ que tamén se dirixiu ao Ministerio de Xustiza denunciando que a dotación de persoal establecida é
excesiva e absolutamente desproporcionada para os servizos que é preciso
cumprir. Con esa dotación, está a expoñerse innecesariamente ao persoal,
poñéndoo en risco extremo de contaxio de maneira inútil, e contradi o que o
propio Real Decreto de Estado de Alarma establece no seu articulado en canto á
limitación de movementos de persoas co obxectivo último de preservar a saúde da
poboación e evitar a propagación do virus para así lograr contelo. Advertimos
ao Ministerio que se non modifica ese acordo, pode incorrer en responsabilidade
por incumprimento do artigo 14 da Lei de Prevención de Riscos Laborais, e
chegado o caso exerceremos cantas accións sexan precisas se o Ministerio
continúa desprotexendo ao seu persoal.
Dado que a Comunidade
Autónoma de Galicia ten asumidas as competencias en materia de persoal ao
servizo da Administración de Xustiza, a dotación de persoal para atender os
servizos esenciais fixados é competencia exclusiva desa Dirección Xeral á que
nos diriximos, e por iso, instamos a que rectifique os servizos esenciais acordados e non cometa o mesmo erro cometido polo
Ministerio.
Entendemos que os
servizos esenciais fixados non requiren en absoluto a cantidade de funcionarios
que o Secretario de Estado determinou, debido a que, máis aló das actuacións
propias do servizo de garda e @teniendo en cuenta a suspensión dos prazos
procesuais, moitas das actuacións que constitúen eses servizos esenciais non
requiren a presenza física continuada nas sedes xudiciais durante a xornada
laboral, polo que é suficiente unha dotación mínima e común a varios órganos
xudiciais (ao modo que se fai para o corpo de Letrados), sen prexuízo do
establecemento dunhas quendas de dispoñibilidade de modo que o persoal estea en
condicións de continua localización para acudir ao órgano xudicial en canto
sexan requiridos para realizar algunha desas actuacións urxentes e
inaprazables. É dicir, a dotación de persoal non debería diferir moito da dun
domingo ou festivo, sen prexuízo, como dicimos, dos servizos de garda e do
establecemento de quendas de dispoñibilidade para o resto de persoal.
Dase o caso que nas Seccións Penais de Pontevedra, onde a DXX non cubre dende fai moito tempo as ausencias do persoal do Corpo de Auxilio e polo tanto solo hai unha persoa de Auxilio en cada Sección, se ven abocados a ir a traballar todolos días, cousa que non se entende, pois habéndose suspendido os xuízos este persoal non é necesario para outros servizos esenciais.
Unha vez maís se olvidaron de nombra servizos esenciais para o persoal que traballa nas Secretarias das Audiencias Provinciais, cousa que se debe facer de inmediato ou tamen se veran abocados a ir tódolos días.
Por iso, desde STAJ presentamos este escrito de QUEIXA e requerimos a DXX que no establecemento da dotación do persoal para atender os
servizos esenciais téñanse en conta as
anteriores consideracións, de modo que a dotación de persoal sexa mínima .
En tal sentido, consideramos inexcusable que se modifiquen eses servizos esenciais no sentidos que expoñemos e que se realicen só de forma presencial a
metade da dotación do servizo de garda, daqueles xulgados nos que a garda é de
permanencia e unha persoa nos rexistros civís. O resto de persoal designado
diariamente para esas funcións esenciais, en tódolos demais xulgados, oficinas
e servizos, deberá estar localizado e en dispoñibilidade na casa á espera de ser chamado por si realmente fose
necesario, co gallo de non expoñer a súa saúde e poñer en risco a dos seu compañeiros e familiares
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.