No día de hoxe publícase no DOG a resolución do
15 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades formativas que
compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia para o persoal ao servizo da
Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas
instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de
xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das
universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).
Convócanse 2000 prazas en accións formativas
impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo
ofimático de Galicia, que a continuación se relacionan:
-Aplicacións informáticas de bases de datos
relacionais (LibreOffice Base).
-Aplicacións informáticas de bases de datos
relacionais (Microsoft Office 2010).
-Aplicacións informáticas de follas de
cálculo (LibreOffice Calc).
-Aplicacións informáticas de follas de
cálculo (Microsoft Office 2010).
-Aplicacións informáticas de tratamento de
textos (LibreOffice Writer).
-Aplicacións informáticas de tratamento de
textos (Microsoft Office 2010).
-Aplicacións informáticas para presentacións:
gráficas de información (LibreOffice Impress).
-Aplicacións informáticas para presentacións:
gráficas de información (Microsoft Office 2010).
-Sistema operativo, busca da información: internet/intranet
e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9).
-Sistema operativo, busca da información:
internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).
Requisitos dos participantes:
Poderá participar nas actividades formativas
convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da
Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración
institucional de Galicia; da Administración de xustiza; das entidades locais de
Galicia; e da administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema
universitario de Galicia (en diante SUG), que se encontran en situación de
servizo activo (incluído permiso por maternidade, adopción, acollemento ou
excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os
requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo
II.
Solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes será
de oito días a partir do día
seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Prazo de matrícula: do 22 de febrero ao 5
de marzo.
O
número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.