jueves, 20 de febrero de 2020

EGAP convoca Cursos de idiomas extranxeiros e lingua de signos

No día de hoxe publícase a resolución do 13 de febreiro de 2020 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de idiomas para o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais e de administración e servizos (PAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

Requisitos dos/das participantes:

Poderá participar nas actividades formativas convocadas nesta resolución o persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza, das entidades locais de Galicia, e de administración e servizos (PAS) das universidades do SUG, que se encontre en situación de servizo activo (incluído o permiso por maternidade, adopción, acollemento ou excedencia polo cuidado dun/dunha fillo/a ou dun/dunha familiar) e que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.

Solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 28 de febreiro de 2020.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar nesta convocatoria limítase a unha.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.