Hoxe mandamos este fax a Dirección Xeral de Xustiza para solicitar se arranxen de inmediato os problemas que existen no edificio xudicial de Vilagarcia:
ENRIQUE ARAUJO MARTINEZ,
en calidade de representante do Sindicato de Traballadores/as da Administración
de Xustiza.
Onte na visita que
realicei ao edificio xudicial de Vilagarcia, e despois de que me avisasen os
funcionarios/as, puiden coprobar con asombro como as formigas pululaban polas
dependenzas do xulgado número dous e do número tres, en concreto polas oficinas,
polos baños e polos despachos das xuizas.
O peor é que según me contan este problema xa foi comunicado a semana pasada
a Delegación de Vigo, e ata o momento non se fixo absoluamente nada para
solucionalo, nin ninguén se puxo en contacto cos xulgados perxudicados para comunicarlles
as medidas que se podían tomar, polo que pensamos que dende aquela
oficina non se están tomando en serio este problema, que vai a máis según pasan os dias.
Tamen
puiden comprobar como nunha Sala de Vistas cae agua a chorro, xusto nos
estrados da mesma a altura das mesas destinadas para as xuices e letradas, a
que inhabilita esa Sala para celebrar xuizos e vistas.
SOLICITO
de esa Subdirección que se tomen as medidas oportunas para solventar de
inmediato os problemas aos que me refiro e que están a condicionar negativamente o desenvolvemento
ordinario do traballo nestes órganos xudiciais de Vilagarcia, ao marxen de dar
unha imaxe tercermundista da Administración de Xustiza en Galicia.
Pontevedra a 6 de novembro de
2019.
DIRECCION
XERAL DE XUSTIZA. Subdirección Xeral de Medios.
Rúa
de Madrid 2-4, 2º andar.- S A N T I A G O
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.