lunes, 25 de noviembre de 2019

Comisións de servizo adxudicadas o 9 de setembro: publicada corrección de erros nas adxudicacións

Na páxina web  da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza acaba de publicarse unha rectificación de oficio por parte da Dirección Xeral da Resolución que resolve a convocatoria por comisión de servizos de postos de traballo nos órganos de nova creación publicada o 9 de setembro do 2019 co seguinte contido: 


CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 18 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se corrixe a Resolución que resolve a convocatoria, en comisión de servizo, de postos de traballo nos órganos de nova creación entre funcionarios dos corpos e escalas ao servizo da Administración de xustiza, efectuada por Resolución do 18 de xullo de 2019.


O 18 de setembro de 2019 publicáronse na intranet da Dirección Xeral de xustiza e no sitio Web da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza asseguintes listaxes:

-Listaxe de postos adxudicados en comisión de servizos nos órganos creados polo Real Decreto256/2019, do 12 de abril (Anexo I).
-Listaxe de persoas solicitantes admitidas non adxudicatarias, por orde de puntuación (AnexoII)
-Listaxe de persoas excluídas e causa de exclusión (Anexo III).

De conformidade co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, doProcedemento Administrativo Común das Administracións Públicas que permite a estas rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos, e advertidos erros nos Anexos I, e II da Resolución do 18 de setembro pola que se corrixe a Resolución de 9 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, cómpre corrixilos coa publicación dos anexos correctos.

Preme aquí para acceder aos novos Anexos

STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.