Hoxe estaba sinalada a Comisión Paritaria de persoal interino que continúa desenvolvéndose nestes intres en Santiago de Compostela.
Adiantamos os seguintes datos con relación ás alegacións feitas á listaxe provisional de persoas excluidas e admitidas:
- Alegaron ás listaxes provisionais un total de 249 persoas, das cales 152 alegaron telemáticamente e 97 delas de forma manual. Foron aceptadas 176 alegacións.
- Do total das alegacións, 178 alegaron baseándose en erros de baremación, das cales foron aceptadas 100 alegacións. O resto de alegacións estaban relacionadas coa presentación fóra de prazo e noutras circunstancias non subsanables.
- Acéptanse as instancias enviadas manualmente, en especial as das persoas que non estaban traballando nos prazos de presentación de instancias, dado que existía unha responsabilidade do CAU de ofrecer soporte técnico (que non se diu) e a Dirección Xeral non requeriu a estas persoas nin lles diu prazo para que subsanaran o erro e o presentaran telemáticamente, e tiña a obriga de facelo; polo tanto vanse admitir todas as alegacións das instancias presentadas en papel que estiveran nas anteriores circunstancias descritas.
- Vanse excluir a 7 persoas por non presentar o informe de discapacidade nin acreditar que o tiñan solicitado.
- Vaise excluir a unha persoa por cumplir a idade de xubilación no prazo de presentación de instancias.
A Dirección Xeral prevé que a segunda semana de decembro se publique unha listaxe de admitidos e excluidos que inclúa as alegacións feitas á bolsa e ao longo da segunda quincena de xaneiro prevese publicar a listaxe definitiva co inicio do funcionamento da nova bolsa.
Seguiremos informando.
STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.