1.- Lectura e aprobación da acta da reunión anterior.
2.- Orde comisións servizo.
3.- Orde substitucións.
4.- Información sobre a creación de prazas e forma de provisión.
5.- Articulación dun acordo para a percepción da cantidade correspondente a un punto para os postos desempeñados por Xestores procesuais secretarios xulgados de paz (IV D).
6.- Rolda de intervencións.
Tras
as primeiras intervencións suspéndese a negociación da Orde de Comisións de
Servizo para exame da Asesoría Xurídica da Xunta así como para envío de
alegacións por escrito por parte das organizacións sindicais.
Tamén se deixa para outra Mesa a Orde de Substitucións, que será abordada cando sexa aprobada a de Comisións de Servizos.
As prazas de nova creación, que son 28, sairán a comisión de servizos e están a piques de ser aprobadas polo Ministerio de Xustiza. Tan pronto isto ocorra convocarase a comisión pertinente coa idea de que a finais de ano sexan xa efectivas.
É moi posible que nesta convocatoria limítese a participación, esixindo seis meses no posto de orixe, obtido de forma definitiva, por comisión ou substitución, daqueles que queiran optar ás prazas.
Aos Xestores en funcións de Letrados dos Xulgados de Paz váiselle a pagar un punto máis (28,06 euros) no CAT, e cabe a posibilidade de que sexa con carácter retroactivo.

Ampliaremos a información en breve.