O pasado xoves
suspendeuse a Mesa Sectorial que ía a tratar sobre as novas ordes de comisións
de servizos e a reforma das substitucións, a causa da suspensión foron as
dúbidas que lle surxiron a dous sindicatos sobre a legalidade de varios dos
supostos que se podían incluir nas comisións de servizos ( excedencias de
varios tipos, liberacións sindicais, servizos especiais), ao considerar que incluir esas prazas nas comisións de
servizos podía vulnerar o disposto na LOPJ e no Reglamento de Ingreso e
Provisión de Postos. Tamén surxiron dúbidas sobre preferencia dalgunhas
adcripcións provisionais sobre as propias comisión de servizos, das que fala o
artigo 1.3 do borrador que nos pasou a DXX.
Nos tiñámolo e témolo claro, todas eses supostos
se deben poden sacar a comisión de servizo, solo fai falla vontade e
flexibildade para poder encarar unha nova fase sen estar encorsetados pola
lexislación estatal. A interpretación das normas non pode ser ríxida e non debe
perxudicar a mobilidade en condicións de igualdade, nunca debe ser un atranco,
se non un medio para mellorar e ampliar as posibilidades de optar
provisionalmente a prazas polos titulares e así se poidan achegar os que están fora a Galicia, e os que están en Galicia a súa localidade.
Tras as alegacións
do posibles ilegalidades e incluso futuros recursos a DXX decidiu levar aos
servizos xurídicos o borrador para que aclaren si realmente vulneran ou non
normas superiores. E como dependendo do que determime o informe xurídico poden
variar aos supostos de oferta en substitución, hai que pensar que si non se
poden ofrecer certas prazas a comison de servizos deben ofrecerse a
substitución, pois tamén quedou suspendida a negociación das substitucións ata
que todo se aclare e se poida decidir que se pode ofertar en unha cada unha das duas opcións.
É unha lástima que
se tiveran que suspenderse as negociacións despois de tanto tempo paradas e
sendo tan necesaria unha normativa que regule as comisión de servizo e unha
reforma nas substitucións que acabe con algunhas inxustizas e equilibre aos
diferentes corpos a hora de acceder a estas formas de provisión temporal de
prazas. En base a esa suspensión que apenas deixou tempo para poder expor
oralmente as nosas alegacións ao
borrador que nos pasou a Dirección Xeral como documento base de traballo, STAJ enviarallas de novo por escrito e de
xeito inmediato para despois defendelas na Mesa Sectorial cando se reuna de novo.
PRAZAS
DE NOVA CREACIÓN.
Tan pronto chegue o
OK do MInisterio se ofertarán en comisión de servizos as 28 prazas de nova
creación, que pensan que estarán operativas a finais de ano. Solo poderan
acceder a estas prazas, que se ofertarán para todo o territorio nacional,
aqueles/as que leven ao menos 6 meses de desempeña efectivo no seu destino
actual, sexa definitivo ou otorgado por comisión ou substitución. As praza que
deixen os adxudcatarios das comisións sairan a substitución.
XESTORES/AS EN FUNCIÓNS DE SECRETARIOS/AS DE
PAZ.
Para
igualar o complemento do posto dos Xestores que actúan como Secretarios de Paz,
co que gañan os integrantes do Corpo a extinguir de Secretarios de Paz, e despois de multitude de
sentencias recoñecendo ese dereito, a Xunta vai a pagar esa diferenza dun punto
( 28,06 euros) no CAT de tódolos interesados/as, podería ser como pediu STAJ
con retroactividade.STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.