viernes, 4 de octubre de 2019

Eleccions sindicais provincia de Ourense

Como xa vos informamos en noticia do pasado día 2 de outubro hoxe publícase no DOG a RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se establecen os permisos retribuídos de que poden gozar os electores a órganos de representación de persoal da Administración de xustiza na provincia de Ourense que exerzan o dereito de voto o vindeiro día 11 de outubro.

Recordade que consisten en:
2 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté no mesmo local ou edificio onde estén destinados o prestan servizos.
3 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos
4 HORAS: para  persoal cuxa mesa mesa electoral esté situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados. Este permiso pode ampliarse no tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan. 
As persoas que compoñen as mesas, os/as  interventores/as  e apoderados/as das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.



STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.