miércoles, 2 de octubre de 2019

Eleccións sindicais Ourense. Permisos retribuidos para o exercicio do dereito ao voto

Dende o Servicio de Réximen Xurídico remítennos correo lectrónico no que nos informan que o vindeirro día  04-10-2019  sairá  publicada no DOG a Resolución relativa   aos permisos retribuidos que poderán  desfrutar  os  electores  que exerzan o dereito ao voto nas eleccións sindicais de Ourense o día 11-10-2019.

No texto que nos remiten se dispón o seguinte:


2 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté no mesmo local ou edificio onde estén destinados o prestan servizos.
3 HORAS: para o persoal cuxa mesa electoral esté situada na mesma localidade, pero distinto local ou edificio, onde presten habitualmente os seus servizos
4 HORAS: para  persoal cuxa mesa mesa electoral esté situada en localidade distinta da que presten habitualmente os seus servizos ou estean destinados. Este permiso pode ampliarse no tempo maior indispensable naqueles casos en que as circunstancias así o impoñan. 

As persoas que compoñen as mesas, os/as  interventores/as  e apoderados/as das candidaturas gozarán dun permiso retribuído de xornada completa no día da votación e dunha redución de cinco horas na xornada de traballo do día inmediatamente posterior.

VER RESOLUCIÓN COMPLETA


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.