miércoles, 30 de octubre de 2019

Convocatoria probas avaliación das actividades de formación para o persoal de xustiza

No Dog de hoxe publícase a resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se convocan as probas de avaliación das actividades de formación para o posto de traballo para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Estas actividades foron ofrecidas na modalidade de autoformación, deixándose para un momento posterior a convocatoria das probas de avaliación que é preciso superar para ter dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento.


STAJ, sindicato independente e específico de Xustiza, sen subvencións e sen ataduras.