No
DOG de hoxe publícase a resolución do 24 de outubro de 2019 pola que se
convocan cursos de prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita
contra incendios e evacuación.
Poderá participar na acción
formativa convocada nesta resolución o persoal que preste servizo no Pazo de
Xustiza de Ourense, que se encontre en situación de servizo activo, permiso por
maternidade ou paternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado
dun/dunha fillo/a ou familiar e que reúna os requisitos establecidos nesta
convocatoria e para cada un dos casos no anexo II.
O prazo de presentación de
solicitudes será de oito días contados a partir do seguinte ao da publicación
desta resolución no Diario Oficial de Galicia.